13 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 13 de setembro é o 256º día do ano do calendario gregoriano e o 257º nos anos bisestos. Quedan 109 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 1501 - na República de Florencia, Michelangelo comenza os seus traballos na estatua de David.
- 1788 - Nova York é designada capital dos EEUU.
- 1922 - No deserto de Libia é rexistrada a temperatura máis alta xamais acadada: 58 °C.
- 1923 - Golpe de estado en España, dado polo xeneral Miguel Primo de Rivera
- 1936 - As tropas golpistas do xeneral Mola ocupan Donostia.
- 1959 - A sonda espacial soviética Luna 2 é o primeiro aparello fabricado polo ser humano que chega á lúa.
- 1961 - O futuro rei de España, Xoán Carlos anuncia o seu compromiso de voda con Sofía de Grecia.
- 1993 - É asinada en Washington, D.C. a Declaración de Principios para a autonomía de Gaza e Xericó. Iasir Arafat e Isaac Rabin danse a man.
Nacementos
- 1088 - Xoán II Comneno, emperador do Imperio bizantino (m. 1143).
- 1601 - Jan Brueghel o Novo, pintor flamengo (m. 1678).
- 1688 - María Luísa de Savoia, raíña consorte de España (m. 1714).
- 1814 - Nicolaas Beets, escritor e teólogo neerlandés (m. 1903).
- 1818 - Gustave Aimard, pintor francés (m.1883)
- 1874 - Arnold Schönberg, compositor, teórico musical e pintor austríaco (m. 1951).
- 1875 - Severino Rivas Barja, político galego (m. 1936).
- 1876 - Sherwood Anderson, escritor estadounidense (m. 1941).
- 1883 - Giovanni Pastrone, cineasta italiano (m. 1959).
- 1886 - Robert Robinson, químico inglés, Premio Nobel de Química en 1947 (m. 1975).
- 1887 - Leopold Ruzicka, químico croata, Premio Nobel de Química en 1939 (m. 1976).
- 1903 - Claudette Colbert, actriz estadounidense de orixe francesa (m. 1996).
- 1906 - Antonio Baltar, médico galego (m. 1970).
- 1916 - Roald Dahl, escritor galés de ascendencia norueguesa (m. 1990).
- 1919 - Mary Midgley, filósofa británica (m. 2018)
- 1922 - Yma Sumac, cantante soprano peruana (m. 2008).
- 1923 - Aurelio Fierro, actor e cantante italiano (m. 2005).
- 1924 - Maurice Jarre, músico francés (m. 2009).
- 1940 - Óscar Arias, avogado e economista costarriqueño, presidente de Costa Rica, Premio Nobel da Paz en 1987.
- 1941 - Ahmet Necdet Sezer, presidente de Turquía.
- Tadao Ando, arquitecto xaponés.
- 1943 - Luis Eduardo Aute, músico, cantautor e pintor español.
- 1949 - Xosé Manuel Rivas Troitiño, xornalista e escritor galego.
- 1958 - Robert Millar, ciclista profesional escocés.
- 1960 - Kevin Carter, fotógrafo surafricano (m. 1994).
- 1963 - Ana García Lozano, xornalista española.
- 1973 - Fabio Cannavaro, futbolista internacional italiano.
- 1982 - Soraya Arnelas, cantante española.
Mortes
- 81 - Tito Flavio Sabino Vespasiano, emperador romano (n. 39).
- 1591 - Michel de Montaigne, escritor e filósofo francés (n. 1533).
- 1598 - Filipe II rei de España (n. 1527).
- 1872 - Ludwig Feuerbach, filósofo alemán (n. 1804).
- 1928 - Italo Svevo, escritor italiano (n. 1861).
- 1949 - Schack August Steenberg Krogh, fisiólogo danés (n. 1874).
- 1987 - Mervyn LeRoy, actor e cineasta estadounidense (n. 1900).
- 1996 - Xosé Filgueira Valverde, escritor, historiador e intelectual galego (n. 1906).
- 1997 - Gregorio Sanz, mestre e dinamizador pedagóxico (n. 1900).
- 1998 - Antonio Núñez Jiménez, científico e político cubano (n. 1923).
- 2005 - Julio César Turbay Ayala, avogado e político colombiano, presidente de Colombia (n. 1916).
- 2011 - Richard Hamilton, pintor británico (n. 1922).
- 2015 - Moses Malone, baloncestista estadounidense (n. 1955).
- 2016 - Fernando Acuña Castroviejo, arqueólogo galego (n. 1945).
- 2018 - Mary Midgley, filósofa británica (n. 1919).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: San Xoán Crisóstomo.