Bill Gates
William Henry Gates III naceu o 28 de outubro de 1955 nunha acaudalada familia de Seattle. Seu pai, William H. Gates II, era un avogado de Seattle e a súa nai, Mary Gates, profesora da Universidade de Washington e presidenta de United Way International.
Infancia e inicio
Gates realizou os seus estudos primarios nunha escola primaria pública na escola privada Lakeside School onde comezou a interesarse no software e comezou a programar ordenadores os 13 anos.
Estudos universitarios
En 1973, Gates entrou en [[Harvard] onde coñeceu Steve Ballmer, actual Director Xeral (en inglés «chief executive») de Microsoft. Mentras estaba en Harvard, Gates desenvolveu unha versión da linguaxe de programación BASIC para o primeiro microordenador, o MITS Altair.
A creación de Microsoft
En 1975 funda co seu amigo da infancia Paul Allen Microsoft. Incialmente cada un tiña o 50% da compañía ainda que logo Gates obtivo maiores cuotas de poder. Microsoft adquire a empresa chamada Seattle Computer o QDOS (Quick and Dirty Operating System, sistema operativo rápido e sucio) que renombra como MS-DOS e vende a IBM coma sistema operativo do primeiro PC, obtendo unha parte de beneficio por cada copia que se vendese cun IBM-PC e conservando Microsoft os dereitos. Isto a comezo do éxito da compañía...
O home con máis diñeiro do mundo
Bill & Melinda Gates Foundation
En xaneiro do 2000 Gates fundou coa súa esposa a «Bill & Melinda Gates Foundation», unha organización sen ánimo de lucro destinada levar as avances tecnolóxicos a todo o mundo, abrir bibliotecas públicas, loitar contra as enfermidades máis estendidas... a fundación ten a súa sede en Seattle, Washington.
Libros publicados por Bill Gates
Bill Gates publicou dous libros; en 1995, The Road Ahead e en 1999, Business @ the Speed of Thought, que foi traducido a 25 idiomas.