Saltar ao contido

Miguel Ángel Santoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de outubro de 2024 ás 16:21 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaMiguel Ángel Santoro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Sarandí, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1962–1974   CA Independiente 343(0)
1974–1977   Hércules CF 50(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1974   Arxentina 14(11)
Participou en
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 57557 UEFA: 100502 Editar o valor en Wikidata

Miguel Ángel Santoro Marcote, nado en Sarandí, provincia de Buenos Aires, o 27 de febreiro de 1942, é un exfutbolista e adestrador arxentino. Xogaba de porteiro e desenvolveu case toda a súa carreira no Club Atlético Independiente, co que gañou catro campionatos arxentinos, catro Copas Libertadores e unha Copa Intercontinental. Foi internacional coa selección arxentina, coa que acudiu ao Mundial de 1974. Foi varias veces adestrador de Independiente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Santoro en 1965.
Santoro en 1965.

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Debutou co Independiente na Primeira División da Arxentina en 1962, nun partido contra Argentinos Juniors que rematou 0-0.[1] Na seguinte tempada, xa como porteiro titular do equipo, proclamouse campión arxentino. En 1964 tivo unha destacada actuación na final da Copa Libertadores ante o Nacional, mantendo a portería a cero tanto na ida no estadio Centenario como na volta no estadio de Independiente.[2][3] Gañou o título continental de novo ao ano seguinte, volvendo ser decisivo ao pararlle un penalti ao dianteiro Norberto Menéndez nas semifinais contra o Boca Juniors.[4] Foi tamén titular nas Copas Intercontinentais de 1964 e 1965, perdidas ambas contra o Inter de Helenio Herrera.[5]

En 1972 e 1973 disputou dúas novas finais da Copa Libertadores, conseguindo a vitoria nas dúas, a primeira delas contra o Universitario peruano e a segunda contra o Colo-Colo chileno. Participou así mesmo en senllas Copas Libertadores. Na de 1972 foi derrotado polo Ajax de Cruyff, mentres que na de 1973, conseguiu finalmente o título na súa cuarta participación, exercendo como capitán contra a Juventus, capitaneada por outro porteiro, Dino Zoff.[6]

Disputou un total de 343 partidos do campionato arxentino co Independiente, sendo o gardameta con máis encontros da historia do club, e conquistou catro campionatos nacionais.

No verán de 1974 foi traspasado ao Hércules CF de Alacant, onde xogou durante tres tempadas, todas elas co galego Arsenio Iglesias no banco. Na súa primeira tempada no club, competiu pola titularidade na portería co paraguaio Humberto, mentres que nas dúas seguintes fixo o mesmo co gardameta vasco Juan Antonio Deusto. Acadou un quinto posto na liga, o mellor resultado da historia do club. Retirouse ao remate da tempada 1976/77.

Selección arxentina

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección arxentina en 14 ocasións e formou parte do combinado do seu país no Mundial de 1974, aínda que non chegou a debutar na competición, sendo o gardameta titular Daniel Carnevali.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Ao seu regreso de España foi adestrador do Independiente na Primeira División da Arxentina (en 1980) e posteriormente traballou nas divisións inferiores do club. Volveu poñerse á fronte do primeiro equipo outras cinco veces. As dúas primeiras fíxoo en 2001 como substituto de César Menotti e a seguinte substituíndo a Jorge Burruchaga en 2007, conseguindo manter o equipo invicto durante nove xornadas consecutivas (4 vitorias e 5 empates). En 2008 colleu de novo as rendas do equipo, trala marcha de Pedro Troglio, logrando tras un empate e unha derrota, catro vitorias seguidas, colocando o equipo na quinta posición. Cedeulle entón o banco a Claudio Borghi e pasou a ser o adestrador de porteiros das seleccións nacionais xuvenís. Porén, a mala traxectoria do equipo con Borghi, fixo que Santoro regresase de novo en outubro de 2008, ocupando o cargo ata marzo de 2009.[7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Independiente

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "A 58 años del debut de Pepe Santoro, el arquero más ganador de Independiente" (en castelán). 9 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  2. "El inicio de la leyenda: Independiente campeón de la Copa Libertadores 1964" (en castelán). 12 de agosto de 2018. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  3. "Copa Libertadores de América 1964". rsssf.com (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  4. "Historia del fútbol argentino, por Juvenal. Capítulo XIII (1961-1965)" (en castelán). 27 de novembro de 2019. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  5. "El "Rojo" daba el primer paso en la historia de la Intercontinental" (en castelán). 8 de setembro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  6. "El “gol invisible” de Bochini a Juventus cumple 40 años" (en castelán). 28 de novembro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  7. "Santoro vuelve a ser el entrenador del Rojo" (en castelán). 6 de outubro de 2008. Consultado o 8 de marzo de 2022.