Twitter, Inc. | |
---|---|
Antigo logotipo de Twitter | |
Tipo | Capital aberto |
Fundación | 21 de marzo de 2006 (18 anos) |
Localización | San Francisco, California Estados Unidos |
Fundador | Jack Dorsey Noah Glass Biz Stone Evan Williams |
Industria | Internet |
Produtos | Periscope Vine |
Número de empregados | 3638 (2015)[1] |
Na rede | |
https://twitter.com/, https://twitter3e4tixl4xyajtrzo62zg5vztmjuricljdp2c5kshju4avyoid.onion/ e https://x.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007[2]. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».[3]
A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres[4] (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos doutros usuarios – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores[5], followers e ás veces tweeps[6] (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países[7]. Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.
Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.
Historia
[editar | editar a fonte]Twitter creouse no ano 2006, en San Francisco, California. Os seus fundadores foron Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone e Evan Williams.[8] Na actualidade conta con personalidades como Barack Obama, Paulo Coelho e unha ampla variedade de políticos, artistas, deportistas etc.[9] Ademais tamén están presentes os principais medios de comunicación mundiais.
Durante algún tempo, o actor británico Stephen Fry foi o usuario máis seguido en Twitter, tal e como informou o xornal The Times[10], aínda que o primeiro en chegar ó millón de seguidores foi o actor estadounidense Ashton Kutcher, seguido de preto pola CNN[11]. Twitter é, ademais, empregado como medio divulgativo: ademais dos medios de comunicación, institucións e entidades educativas, tamén se realizan outras accións divulgativas como son, por exemplo, a conta de usuario de George Orwell (que emprega como base para as actualizacións o seu diario)[12], a publicación en chíos da novela Rayuela de Julio Cortázar[13] ou a retransmisión minuto a minuto da revolución dos caraveis de 1974[14].
No 25 de abril de 2022, Elon Musk, un dos homes máis ricos do mundo; merca a empresa por 44 miles de millóns de dólares e convírtese no propietario.[15]
Twitter en galego
[editar | editar a fonte]O 7 de maio de 2011 naceu a Iniciativa Twitter en galego da man de Carlos García Vieito, co fin de conseguir traducir a rede social á lingua galega, ao mesmo tempo que promocionar o galego entre os seus usuarios. Despois dun ano de traballo e difusión, a Iniciativa @chio_en_galego[16] contou con grande apoio social, como conseguir crear a primeira tendencia en galego a nivel global como foi #EuNaCidadeDaCultura. O 20 de setembro de 2012, o Centro de Tradución de Twitter permitiu aos voluntarios poder traducir as cadeas da rede social. Cinco meses máis tarde, o 20 de febreiro do 2013, Twitter xa dispuxo do galego entre as súas linguas. A Iniciativa está a traballar na versión móbil.[17]
En 2021 gañou o XII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.[18]
Terminoloxía en galego
[editar | editar a fonte]Termo orixinal | Termo en galego |
---|---|
Follow | Seguir |
Follower | Seguidor/a |
Following | Seguindo |
Tweet | Chío |
Retweet | Rechouchío |
Hashtag | Cancelo |
Direct messages | Mensaxes directas |
Trending Topic | Tema do momento |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Twitter Company Info". Twitter. 6 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 2 de maio de 2014.
- ↑ "Business Search - Business Entities - Business Programs". 2010-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2010. Consultado o 2018-11-13.
- ↑ D'Monte, Leslie (2009-04-29). "Swine flu's tweet tweet causes online flutter". Business Standard India. Consultado o 2018-11-13.
- ↑ Cano, Rosa Jiménez (2017-11-08). "Twitter aumenta el límite a 280 caracteres para todos los usuarios". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-11-13.
- ↑ "There's a List for That" (en inglés). Consultado o 2018-11-13.
- ↑ "The tricky business of business tweeting". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2018-11-13.
- ↑ "Twitter Support : How To Find Your Twitter Short/Long Code". 2010-03-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 2018-11-13.
- ↑ Carol Tice (14-9-2017). "Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone, Evan Williams: Twitter". Startups.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14-01-2018. Consultado o 11-2-2018.
- ↑ Políticos e actores contan a súa vida en Twitter, Vieiros.
- ↑ The 50 most popular celebs on Twitter Arquivado 14 de maio de 2009 en Wayback Machine., Times Online (en inglés).
- ↑ Ashton Kutcher supera o millón de seguidores en Twitter, Código Cero.
- ↑ Twitter de George Orwell, baseado no seu diario.
- ↑ Rayuela en Twitter.
- ↑ O 25 de abril vivirase en "directo" no Twitter, Vieiros.
- ↑ "Musk merca Twitter por 44.000 millóns de dólares". G24. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ @chio_en_galego
- ↑ A falta de tradutor@s pon en perigo o Twitter en galego Arquivado 04 de maio de 2014 en Wayback Machine., Sermos Galiza.
- ↑ Diario, Nós. "Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en galego gañan os Rosalía de Lingua". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- twitter.com
- Galipedia no Twitter