Tamara Abalde
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Tamara Abalde Díaz 6 de febreiro de 1989 (35 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Lamar University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NCAA Division I women's basketball (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Xogos Olímpicos de 2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
27 de xuño de 2019 | EuroBasket Women 2019 (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | EuroBasket Women 2009 (en) (3ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2008 | Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Feminino (pt) (5ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Alberto Abalde | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Alberto Abalde Díaz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tamara Abalde Díaz, nada en Ferrol o 6 de febreiro de 1989, é unha ex xogadora de baloncesto galega. Mide 1,91 e xoga de ala-pivote no Durán Maquinaria Ensino e na selección española. É filla do ex xogador Alberto Abalde Rodríguez e irmá do tamén xogador Alberto Abalde Díaz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do ex xogador de baloncesto Alberto Abalde, naceu en Ferrol na época na que seu pai xogaba no OAR Ferrol, da ACB. Iniciouse no baloncesto con 8 anos, no Club Compañía de María de Vigo, no que xogou entre 1998 e 2003. Tras pasar polo San José de la Guía, onde tivo como adestrador ao seu pai, recalou nas categorías inferiores do Celta de Vigo en 2003.[1] O 12 de outubro de 2004 debutou co primeiro equipo do Celta, nun partido da Liga Feminina contra o Ros Casares, con 15 anos, 8 meses e 4 días, sendo naquel momento a debutante de menos idade na historia do club.[2]
Xogou no club vigués ata o verán de 2007, momento no que marchou para os Estados Unidos para estudar mercadotecnia na Universidade de Lamar, no Estado de Texas, e para xogar no seu equipo de baloncesto.[3] Xogou só unha tempada no club norteamericano, co que foi campioa da Southland Conference, sendo elixida mellor debutante do ano e entrando no equipo ideal da conferencia.[4][5]
Ao seu regreso dos Estados Unidos recibiu ofertas de numerosos equipos, fichando finalmente polo Ros Casares de Valencia.[6] Nas dúas seguintes campañas xogou cedida no Rivas Ecópolis, de Rivas-Vaciamadrid, co que acadou dous terceiros postos na Liga Feminina e debutou en competición europea. En xuño de 2010 desvinculouse do Ros Casares e asinou un contrato co Rivas.[7] Con todo, seis meses despois rescindiu o seu contrato co equipo madrileño e fichou polo Obenasa Navarra.[8]
En maio de 2011 marchou a Francia, onde xogou dúas tempadas, no Pays d'Aix Basket 13 primeiro, e no Basket Landes despois.[9] En 2013 volveu a España, fichando polo Perfumerías Avenida, co que gañou dúas Copas da Raíña, e dúas Supercopas de España, ademais de acabar dúas veces subcampioa da liga.
Na tempada 2015/16 xogou no Cadí La Seu catalán, ano seguinte no CREFF ¡Hola! madrileño e na 2017/18 no Stadium Casablanca de Zaragoza.[10][11][12] En 2018 fichou polo Valencia Basket, que acababa de ascender á máxima categoría, e co que acadou as semifinais da liga na súa primeira tempada.[13] Despois dunha segunda campaña no equipo valenciano, fichou en 2020 polo Araski vasco.[14]
Despois dunha tempada en Vitoria, fichou polo Durán Maquinaria Ensino, regresando a un equipo galego 14 anos despois.[15]
O 3 de febreiro de 2023, tras case 20 anos coma xogadora de baloncesto, anunciou a súa retirada.[16]
Seleccións nacionais
[editar | editar a fonte]Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española dende as súas categorías inferiores, coas que debutou con 14 anos. Gañou dous Europeos sub-16 (2004 e 2005), un Europeo sub-18 (2006), e foi subcampioa do Europeo sub-18 de 2007 e do Europeo sub-20 de 2009. No Europeo sub-16 de 2005, que se disputou en Polonia, foi elixida no quinteto ideal do torneo, no que tivo unha media de 12,3 puntos e 8,3 rebotes.[17]
En 2008 debutou coa selección absoluta e ese mesmo ano viaxou á China para disputar os Xogos Olímpicos de Pequín.[18] Regresou da cita olímpica cun quinto posto e o correspondente diploma olímpico. Ao ano seguinte disputou o seu primeiro Eurobasket absoluto, logrando a medalla de bronce. Dez anos despois disputou o seu segundo Eurobasket, logrando a medalla de ouro tras derrotar na final a Francia en Belgrado.[19]
En 2021 participou nos Xogos Olímpicos de Toquio, 13 anos despois da súa anterior participación olímpica.[20] Conseguiu coa selección tres vitorias nos tres partidos da fase de grupos, contra Serbia, o Canadá e Corea do Sur, caendo nos cuartos de final contra Francia nun apertado final (64-67).[21]
Selección galega
[editar | editar a fonte]Como membro das categorías inferiores da selección de baloncesto de Galicia acadou o bronce e foi incluída no quinteto ideal no campionato de Lloret de Mar (2003), e foi elixida mellor pasadora en Santiago de Compostela (2004).
En xuño de 2006, con só 17 anos, liderou á selección de baloncesto de Galicia absoluta no seu debut contra o Xapón nas Travesas.[22]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Perfumerías Avenida
[editar | editar a fonte]- Copa da Raíña (2): 2014, 2015.
- Supercopa de España (2): 2013, 2014.
Selección española
[editar | editar a fonte]- Eurobasket (1): 2019.
- Eurobasket sub-16 (2): 2004, 2005.
- Eurobasket sub-18 (1): 2006.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tamara entre las gigantes". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de outubro de 2004. p. 38.
- ↑ "Raquel Carrera, la debutante más joven" (en castelán). 6 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "La Universidad de Lamar será el destino de Tarama Abalde". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 2007. p. 38.
- ↑ García, Antonino (3 de abril de 2008). "La morriña no decidirá mi futuro" (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde, nombrada mejor debutante del año en su conferencia universitaria americana". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 12 de marzo de 2008. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "La perla gallega recala en Valencia" (en castelán). 3 de xuño de 2008. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "La internacional Tamara Abalde se desvincula del Ros Casares". As (en castelán). 1 de xuño de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde deja Rivas para fichar por el Obenasa Navarra" (en castelán). 20 de decembro de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Francia, destino de Tamara Abalde". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde se une a Cadi La Seu" (en castelán). 29 de maio de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde e Irene Garí, primeros fichajes del Nuevo Cref ¡Hola!". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 23 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde aterriza en Stadium Casablanca" (en castelán). 5 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "El Valencia Basket ficha a Tamara Abalde" (en castelán). 10 de maio de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde, experiencia para la pintura del Kutxabank Araski" (en castelán). 29 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde se suma al proyecto del Ensino lucense". El Correo Gallego (en castelán). 27 de abril de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ Vallejo, Luis (2023-02-03). "Tamara Abalde pone punto final a su trayectoria. Así ha sido su adiós". Gigantes del Basket (en castelán). Consultado o 2024-06-13.
- ↑ "Las 15 elegidas: Tamara Abalde" (en castelán). 15 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde irá a Pekín" (en castelán). 15 de xullo de 2008. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ González, Raquel (7 de xullo de 2019). "España, campeona de Europa". As (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Tamara Abalde sí estará en Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Alba se queda sin medalla" (en castelán). 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "La viguesa Abalde liderará la selección". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 28 de xuño de 2006. p. 16.
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara Abalde |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Tamara Abalde en MueveteBasket.es (en castelán).
- Ficha de Tamara Abalde no sitio web oficial da Federación Española de Baloncesto (en castelán).