Saltar ao contido

Refrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 31 de agosto de 2024 ás 10:09 por Lameiro (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
  • Para outro significado da palabra "refrán", véxase a entrada "proverbio".

O refrán é un recurso poético consistente nun pequeno grupo de versos que se repiten nunha composición. Tradicionalmente atópase no principio da composición e repítese ao final de cada estrofa, aínda que os lugares onde aparece poden ser moi variables.

Na canción e na poesía actuais

[editar | editar a fonte]

Actualmente coñécese tamén como refrán unha estrofa que se repite varias veces nunha composición, e mesmo a parte que se quere salientar do poema ou da letra dunha canción. O refrán é, xa que logo, unha forma de repetición, base do ritmo, que lle dá ligazón e unidade ao poema ou á canción.

Na lírica medieval

[editar | editar a fonte]

Nas composicións medievais da lírica galego-portuguesa, o refrán é o verso ou o conxunto de versos que se repite ao final de cada obra.

Por exemplo, nas cantigas de amigo repítese o derradeiro verso en cada cobra da cantiga. Podémolo ver na seguinte cantiga de don Dinís:

Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo!
ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado!
ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pôs comigo!
ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi há jurado!
ai Deus, e u é?"
(...)

Ver tamén

[editar | editar a fonte]

Refraneiro