Saltar ao contido

United Rugby Championship

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de xullo de 2024 ás 13:26 por Breogan2008 (conversa | contribucións) ({{Competición deportiva}} (via JWB))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Competición deportivaUnited Rugby Championship
Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) United Rugby Championship Editar o valor en Wikidata
Tipoprofessional sports league (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorCeltic Rugby Ltd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorBalkrishna industries (en) Traducir (2022–)
Vodacom (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónSuráfrica (2017–)
Italia (2010–)
Escocia (Reino Unido) (2001–)
Illa de Irlanda (2001–)
Gales (Reino Unido) (2001–) Editar o valor en Wikidata
Area de operaciónIlla de Irlanda, Italia, Escocia, Suráfrica e Gales Editar o valor en Wikidata
Vixencia2001 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadasetembromaio Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialunitedrugby.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: urc Twitter: URCOfficial Instagram: urc Youtube: UC-S6cXyil4qbIPfb2hrcH4w Editar o valor en Wikidata

O United Rugby Championship (URC) é un torneo anual de rugby no que compiten equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O United Rugby Championship é unha das principais tres ligas europeas de rugby xunto á Premiership inglesa e o Top 14 francés. Os mellores equipos da liga compiten na Copa de Campións Europea de Rugby, unha competición continental que substituíu a Copa Heineken desde a temporada 2013−14.

A competición foi fundada en 1999 coa creación da Liga Galeso-Escocesa, a cal pasou a ser coñecida como "Celtic League" ao incorporar tamén equipos irlandeses. Entre as temporadas 2006−07 e 2010−11, a liga estivo patrocinado pola elaboradora de sidra Magners. Esa mesma temporada 2010−11 incorporáronse dous equipos italianos, aumentando a liga de 10 a 12 equipos. Para reflictir que a liga incluía xa equipos de fóra das nacións celtas, a competición adoptou o nome de Pro12. En canto aos patrocinadores, entre 2011−12 e 2013−14 foi RaboDirect, e posteriormente Guinness. Na temporada 2017−18 a competición incorporou dous novos equipos equipos, esta vez surafricanos, aos que se uniron dous máis en 2021.

O United Rugby Championship xógase entre os meses de setembro e maio, estando os equipos divididos en catro grupos de catro equipos cada un. Un dos grupos está formado polos equipos escoceses, outro polos galeses, outro polos surafricanos e, por último, un grupo formado por dous equipos escoceses e dous italianos. A pesar de estaren divididos en grupos, os equipos ordenanse nunha única táboa de clasificación.[1] Os equipos xogan dúas veces contra cada un dos outros do seu grupo (local e visitante) e unha contra cada equipo dos outros grupos (xa sexa en casa ou fóra). Isto asegura que os equipos de Gales, Irlanda, e Suráfrica xogan entre si seis partidos de derby. Para Italia e Escocia, os seus respectivos clubs xogan contra os equipos do seu propio país tan só dúas veces. Isto crea unha temporada regular de 18 partidos antes dos play-offs. A clasificación elabórase utilizando o sitema de puntución de bonus do rugby, de forma que cada equipo recibe 4 puntos por vitora e 2 por empate. A maiores os equipos poden recibir puntos extra se conseguen anotar catro ou máis ensaios ou se perden por menos de sete puntos.

Os play-offs están compostos polos oito mellores equipos da competición a partido único. Desta forma enfróntanse o primeiro contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, o terceiro contra o sexto e o cuarto contra o quinto. En cuartos de final e semifinais a vantaxe de campo é para o equipo peor clasificado. Por outra banda, a final dispútase nunha sede predeterminada. En canto á participación en competicións europeas, os equipos surafricanos tamén poden clasficarse. Así, clasifícanse para a Copa de Campións os gañadores de cada un dos catro grupos, os cales tamén reciben un trofeo. Ademais, outras catro prazas son outorgadas aos seguintes catro equipos mellor clasificados na táboa de clasficiación global.

Historia do formato

[editar | editar a fonte]
Período Patrocinador Nome Nº de equipos Países
2001–2002 Ningún Celtic League 15 Escocia, Gales, Irlanda
2002–2003 16
2003–2004 12
2004–2006 11
2006–2007 Magners Magners League
2007–2010 10
2010–2011 12 Escocia, Gales, Irlanda, Italia
2011–2014 RaboDirect RaboDirect Pro12
2014–2017 Guinness Guinness Pro12
2017–2020 Guinness PRO14 14 Escocia, Gales, Irlanda, Italia, Suráfrica
2020–2021 12 Irlanda, Italia, Escocia, Gales
2021 Guinness PRO14 Rainbow Cup 16 Escocia, Gales, Irlanda, Italia, Suráfrica
2021– Vodacom United Rugby Championship
Club Fundación Incorporación Sede Estadio Capacidade Títulos (último)
Italia Benetton 1932 2010 Treviso, Italia Stadio Comunale di Monigo 6 700 0
Suráfrica Bulls 1997 2021 Pretoria, Suráfrica Loftus Versfeld Stadium 51 762 0
Gales Cardiff 1876 2003 Cardiff, Gales Cardiff Arms Park 12 125 0
Irlanda Connacht 1885 2001 Galway, Irlanda Galway Sportsgrounds 8 100 1 (2016)
Gales Dragons 2003 2003 Newport, Gales Rodney Parade 8 700 0
Escocia Edinburgh 1872 2001 Edimburgo, Escocia Edinburgh Rugby Stadium
Murrayfield Stadium
7 800
67 144
0
Escocia Glasgow Warriors 1872 2001 Glasgow, Escocia Scotstoun 7 351 1 (2015)
Irlanda Leinster 1879 2001 Dublín, Irlanda Aviva Stadium
RDS Arena
51 700
18 500
8 (2021)
Suráfrica Lions 1996 2021 Xohanesburgo, Suráfrica Ellis Park Stadium 62 567 0
Irlanda Munster 1879 2001 Cork, Irlanda
Limerick, Irlanda
Musgrave Park
Thomond Park
8 008
25 600
3 (2011)
Gales Ospreys 2003 2003 Swansea, Gales Swansea.com Stadium 20 827 4 (2012)
Gales Scarlets 1875 2003 Llanelli, Gales Parc y Scarlets 14 870 2 (2017)
Suráfrica Sharks 1995 2021 Durban, Suráfrica Kings Park Stadium 52 000 0
Suráfrica Stormers 1997 2021 Cidade do Cabo, Suráfrica Cape Town Stadium 55 000 0
Irlanda Ulster 1879 2001 Belfast, Irlanda Ravenhill Stadium 18 196 1 (2006)
Italia Zebre Parma 1973 2012 Parma, Italia Stadio Sergio Lanfranchi 5 000 0

















Equipos anteriores

[editar | editar a fonte]
Equipos Anos Sede Estadio (capacidade)
Italia Aironi 2010–12 Viadana, Italia Stadio Luigi Zaffanella (6 000)
Escocia Border Reivers 2002–07 Galashiels, Escocia Netherdale (6 000)
Gales Bridgend 2001–03 Bridgend, Gales Brewery Field (6 000)
Gales Caerphilly 2001–03 Caerphilly, Gales Virginia Park (5 000)
Gales Cardiff 2001–03 Cardiff, Gales Cardiff Arms Park (12 500)
Gales Celtic Warriors 2003–04 Bridgend, Gales
Pontypridd, Gales
Brewery Field (12 000)
Sardis Road (8 000)
Suráfrica Cheetahs 2017–20 Bloemfontein, Suráfrica Free State Stadium (48 000)
Gales Ebbw Vale 2001–03 Ebbw Vale, Gales Eugene Cross Park (8 000)
Gales Llanelli 2001–03 Llanelli, Gales Stradey Park (10 800)
Gales Neath 2001–03 Neath, Gales The Gnoll (6 000)
Gales Newport 2001–03 Newport, Gales Rodney Parade (11 676)
Gales Pontypridd 2001–03 Pontypridd, Gales Sardis Road (7 861)
Suráfrica Southern Kings 2017–20 Porto Elizabeth, Suráfrica Nelson Mandela Bay (48 459)
Gales Swansea 2001–03 Swansea, Gales St Helen's (4 500)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipo

[editar | editar a fonte]
Equipo Títulos Anos Subcampión Anos subcampión
Irlanda Leinster 8 2001–02, 2007–08, 2012–13, 2013–14, 2017–18, 2018–19, 2019–20, 2020–21 5 2005–06, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2015–16
Gales Ospreys 4 2004–05, 2006–07, 2009–10, 2011–12 0
Irlanda Munster 3 2002–03, 2008–09, 2010–11 5 2001–02, 2004–05, 2014–15, 2016–17, 2020–21
Gales Scarlets 2 2003–04, 2016–17 1 2017–18
Irlanda Ulster 1 2005–06 3 2003–04, 2012–13, 2019–20
Escocia Glasgow Warriors 1 2014–15 2 2013–14, 2018–19
Irlanda Connacht 1 2015–16 0
Gales Cardiff Blues 0 2 2006–07, 2007–08
Escocia Edinburgh 0 1 2008–09
Gales Neath 0 1 2002–03

Por país

[editar | editar a fonte]
País Títulos Equipos Subcampión Equipos
Irlanda Irlanda 11 Leinster (6), Munster (3), Ulster (1), Connacht (1) 11 Leinster (5), Munster (4), Ulster (2)
Gales Gales 6 Ospreys (4), Scarlets (2) 4 Cardiff Blues (2), Neath (1), Scarlets (1)
Escocia Escocia 1 Glasgow Warriors (1) 3 Edinburgh (1), Glasgow Warriors (2)
Italia Italia 0 0
Suráfrica Suráfrica 0 0
  1. Madden, Patrick (21 de setembro de 2021). "United Rugby Championship: How it works, fixtures, TV details, Irish hopes and more". The Irish Times. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]