Aeroporto de Melilla
Aeroporto de Melilla
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Estatísticas (2022) | |||
Pasaxeiros | 447 450 | ||
Aumento pasaxeiros | 34,6% | ||
Operacións | 9 772 | ||
Aumento operacións | 24,8% | ||
Carga (ton.) | 22 | ||
Aumento carga | 122,7% | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Melilla é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 3 quilómetros do centro da cidade de Melilla (España). A súa situación fai deste aeroporto a entrada ao continente africano para turistas e negocios europeos. O aeroporto convértese en internacional o 30 de xullo de 2012 por anuncio da aeroliña Helitt de facer unha ruta con Casablanca (Marrocos).
Historia
O aeroporto foi inaugurado en 1969, para substituír definitivamente ao aeroporto de Tauima, poboado situado no antigo Protectorado español en Marrocos.
Comezou a operar nel, Spantax cun De Havilland Canada DHC-6 Twin Otter, e máis tarde, cun De Havilland Canada DHC-7.
En 1980, Spantax foi substituída por Aviaco, filial por aquel entón de Iberia L.A.E., que utilizaría un Fokker F27.
En 1992, entraría Binter Mediterráneo, tamén filial de Iberia, que operaba con CN-235, e que máis tarde substituíu a Aviaco.
En 1995, entrou en servizo PauknAir, que operaba con BAe 146, e que rompeu co monopolio de Iberia nas operacións desde Melilla. Dita aeroliña cesaría as súas operacións en 1998.
Definitivamente, en 2001, Air Nostrum adquiriu Binter Mediterráneo, quedándose así co monopolio das rutas.
O 2004, terminan as obras de ampliación da pista, pasando así de ter 1344 metros, a ter 1428 metros.
A principios de 2009, chegaron rumores de que Air Europa quería operar desde Melilla cun dos seus Embraer 195, rumores que pouco despois confirmaría a propia aeroliña.
O 21 de novembro de 2011 Helitt Líneas Aéreas iniciou operacións coa ruta inaugural Málaga-Melilla; unha semana despois comezou a operar a liña Melilla-Barcelona e o día 2 de decembro, a ruta Melilla-Madrid; que volvía romper co monopolio de Iberia nas operacións desde Melilla.
Aeroliñas e destinos
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Europa | Málaga |
Iberia operado por Air Nostrum |
Almería, Barcelona, Granada, Madrid, Málaga, Sevilla Estacional: Gran Canaria, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela |
Estatísticas
Número de pasaxeiros, operacións e carga desde o ano 2000[2]:
Ano | Pasaxeiros | Operacións | Carga (t) |
---|---|---|---|
2000 | 263.751 | 8.916 | 650 |
2001 | 229.806 | 8.707 | 587 |
2002 | 211.966 | 8.013 | 546 |
2003 | 223.437 | 9.017 | 479 |
2004 | 245.102 | 9.098 | 387 |
2005 | 271.589 | 9.296 | 323 |
2006 | 313.543 | 10.696 | 431 |
2007 | 339.244 | 11.146 | 434 |
2008 | 314.643 | 10.959 | 386 |
2009 | 293.695 | 9.245 | 350 |
2010 | 292.608 | 8.935 | 340 |
2011 | 286.701 | 9.119 | 265 |
2012 | 315.850 | 9.922 | 235 |
2013 | 289.551 | 7.893 | 164 |
2014 | 319.603 | 8.873 | 136 |
2015 | 317.806 | 8.409 | 136 |
2016 | 330.116 | 8.535 | 141 |
2017 | 324.366 | 7.956 | 134 |
2018 | 348.121 | 8.085 | 127 |
2019 | 434.660 | 9.768 | 134 |
2020 | 195.636 | 5.158 | 32 |
2021 | 332.446 | 7.828 | 9 |
2022 | 447.450 | 9.772 | 22 |
Fonte: Estadísticas de Aena |
Notas
- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ Aena Airport Statistics for 2000-2008
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto de Melilla |
- Sitio do aeroporto en aena.es Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Plan Director do Aeroporto de Melilla (en castelán)