Saltar ao contido

A Nosa Galiza (radio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de abril de 2024 ás 21:32 por HombreDHojalata (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A Nosa Galiza foi un programa radiofónico dirixido e presentado por Manuel Fernando González na emisora Radio Miramar de Barcelona entre 1973 e 1981. Emitíase os domingos de 11:00 a 12:00 e realizábase en lingua galega e entre os seus colaboradores estivo gran parte da intelectualidade galega residente na cidade condal, e mais tamén outros residentes en Galicia, como Adolfo Fernández Oubiña, Olegario Sotelo Blanco, Basilio Losada, Manuel María, Xesús Mato, Alfonso Bozzo, Manuel Rodríguez López ou Xosé Lois García Fernández.[1]

  1. Blanco Campaña, Xosé Luís (1995) Radio e prensa na Galicia Exterior. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, p. 36.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]