Saltar ao contido

Airco DH.16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de abril de 2024 ás 07:42 por Beninho (conversa | contribucións) (Notas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Airco DH.16
FabricanteAirco
Deseñado porGeoffrey de Havilland
Primeiro voo1919
Introducido1919
Retirado1923
Principais usuariosAircraft Transport and Travel
Unidades construídas9

O Airco DH.16 foi un avión comercial biplano de catro asentos da década de 1910, deseñado por Geoffrey de Havilland, o deseñados xefe de Airco.

O DH.16 foi un redeseño do Airco DH.9A cunha fuselaxe máis ancha, acomodando unha cabina pechada para catro pasaxeiros, ademais do piloto nunha cabina aberta. En marzo de 1919 o prototipo realizou o seu primeiro voo no aeródromo de Hendon. Fabricáronse nove avións, sendo entregados oito deles a Aircraft Transport & Travel Limited (AT&T). AT&T usou o primeiro deles para voos de pracer, e posteriormente o 25 de agosto inaugurou un servizo entre Londres e París.[1] Un avión foi vendido á River Plate Aviation Company da Arxentina, para operar entre Buenos Aires e Montevideo.[1]

AT&T operou o servizo de Londres a París, ademais dun entre o aeroporto de Croydon e Ámsterdam en nome de KLM. O 17 de maio de 1920 un DH.16 de AT&T (G-EALU) realizou o primeiro servizo de KLM entre Londres e Ámsterdam.[1] En decembro de 1920 AT&T pechou e os sete avións superviventes foron almacenados. Dous deles serían usados posteriormente para voos de entrega de xornais, e os outros cinco foron desgüazados. O 10 de xaneiro de 1923 un dos dous que seguían voando tivo un accidente mortal e os DH.16 serían retirados e desgüazados.[2]

Variantes

[editar | editar a fonte]

Os primeiros seis avións estaban equipados cun motor de pistóns en liña de 320 CV Rolls-Royce Eagle, e os tres últimos tiñan o máis potente Napier Lion de 450 CV.

Operadores

[editar | editar a fonte]
Arxentina
  • River Plate Aviation Company - un antigo avión de AT&T dende 1920.
Países Baixos Países Baixos
Reino Unido Reino Unido
  • Aircraft Transport and Travel Limited - os nove DH.16 operados de 1919 ata 1922.
  • De Havilland Aeroplane Hire Service -dous antigos avións de AT&T dende 1922 ata 1923.
  1. 1,0 1,1 1,2 Jackson 1973, p.62
  2. Jackson 1987, p.156

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jackson, A.J. (1973). British Civil Aircraft since 1919 2. Londres: Putnam. ISBN 978-0370100104. 
  • Jackson, A.J. (1987). De Havilland Aircraft since 1909 (Third ed.). Londres: Putnam. ISBN 978-0851778020.