Saltar ao contido

Elisabeth Eidenbenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de marzo de 2024 ás 11:05 por Moniquiña (conversa | contribucións) (Creada como tradución da páxina "Elisabeth Eidenbenz")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaElisabeth Eidenbenz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoElizabeth Eidenbenz
12 de junio de 1913
Modelo:Bandera Wila, Suiza
Morte23 de mayo de 2011 (97 años)
Modelo:Bandera Zúrich, Suiza
País de nacionalidadeSuiza
Q89547790Axuda humanitaria durante Guerra Civil Española e Segunda Guerra Mundial
Actividade
OcupaciónMestra, Enfermeira
Premios
Medalla de los Justos Entre las Naciones, Cruz de Oro de la Orden Civil de la Solidaridad Social, Premio Cruz de San Jorge, Legión de Honor
Maternidade de Elna .

Elisabeth Eidenbenz nada en Wila, Suíza o 12 de xuño de 1913 e finada en Zúric o 23 de maio de 2011 foi unha mestra e enfermeira, fundadora da Maternidade de Elna, que entre 1939 e 1944 logrou salvar aproximadamente a uns 600 nenos e nenas, entre refuxiados republicanos españois e xudeus que fuxían da invasión nazi.

Biografía

Traballou como mestra en diferentes colexios de Suíza e Dinamarca ata que decidiu integrarse na Asociación de Axuda aos Nenos da Guerra.

Chegou a Madrid o 24 de abril de 1937 como voluntaria para axudar a nais e nenos no campo de concentración francés durante a Guerra Civil Española, formando parte dun envío de axuda humanitaria e material. Tras a caída da república, os exiliados tiveron que refuxiarse nos campos franceses, onde moitos deles morreron por desnutrición, enfermidades e outro tipo de miserias. Por iso, calquera muller embarazada estaba condenada a perder o seu bebé ou, peor aínda, a morrer no parto. Por este motivo, Eindenbenz decidiu converter unha mansión abandonada, preto da cidade de Elna (e xunto ao campo de Argelès-sur-Mer) nunha maternidade. [1]

Elisabeth Eidenbenz (de pé, terceira dende a esquerda) durante unha reunión do persoal da SAK, [2] no château de la Hille ( Montégut-Plantaurel, Francia ), en 1941.

Ao principio mantívose a maternidade grazas a doazóns voluntarias que chegaban de Europa, pero tras o comezo da II Guerra Mundial, os fondos diminuíron e comezaron a chegar refuxiados de Francia e o resto de Europa. Principalmente eran mulleres xudías que fuxían da ocupación nazi. Por iso, a maternidade viuse obrigada a ter que asociar a maternidade coa Cruz Vermella e acatar a política desta sobre neutralidade. Isto impedíalle á maternidade acoller refuxiados políticos, sobre todo xudeus, e por iso decidiuse falsear a identidade de gran parte deles co fin de burlar estas leis. Foron moi hostigados pola Gestapo, chegando a ser detida Eindenbenz nunha ocasión.

Salvaron aproximadamente 400 nenos españois e 200 xudeus de Europa.

Xubilación na cidade de Rekawinkel, 30 km de Viena (Austria), a partir de 2002 comezou a chegar o recoñecemento ao seu traballo, coa publicación de varios libros sobre as súas fazañas e a concesión de varias distincións individuais. Morreu en Zúric o 23 de maio de 2011, aos 97 anos.[3]

Distincións

Notas

  1. Memoria del exilio: Elisabeth Eidenbenz.
  2. La Schweizerischen Arbeitsgemeinschaft für kriegsgeschädigte Kinder, bien en castellano: la «Asociación suiza para los niños víctimas de guerra».
  3. "Fallece a los 97 años Elisabeth Eidenbenz, fundadora de la Maternidad de Elna". La Vanguardia. España. Consultado o 25 de mayo de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

[[Categoría:Nados no cantón de Zúric]] [[Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra]] [[Categoría:Xustos entre as Nacións]] [[Categoría:Personalidades da guerra civil española]]