Saltar ao contido

Saint George's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de marzo de 2024 ás 20:48 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «Mar Caribe»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaSaint George's
St. George's (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoXurxo de Capadocia Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°02′40″N 61°44′30″O / 12.0444, -61.7417
Reinos da CommonwealthGranada, Caribe
Paróquia (pt) TraducirSaint George Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación4.315 (2006) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Hackney (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6065273
Vista xeral de St. George's

Saint George's é a capital do pequeno estado insular de Granada, no mar Caribe. A súa poboación era de 4.318 habitantes en 2006, que contando cos do conxunto da aglomeración urbana alcanza máis de 33.000 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A capital, con porto sobre o mar, está arrodeada por terra dun outeiro, que forma parte do cráter dun antigo volcán. Ademais do porto marítimo, as comunicacións internacionais están servidas por medio do Aeroporto Pointe Salines.

A súa economía, en boa medida baseada no turismo, ten como outro dos piares a exportación de produtos tropicais: cacao, noz moscada e unha especia derivada desta última, o macis.

St. George's foi fundada por franceses en 1650. Logo da retirada de Bridgetown, en Barbados, a mediados da década de 1880, St. George's tornouse a capital da colonia británica das Illas de Barlovento (en inglés Windward Islands).

No ano 2004, St. George's, e o resto de Granada, ficaron severamente damnificadas a consecuencia do paso do Furacán Iván. A axuda internacional, no ano seguinte, contribuíu a paliar os efectos e realizáronse traballos de reconstrución axeitados.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Fort George, baluarte obra dos franceses, de 1705.
  • Catedral católica, edificada en 1818.
  • Igrexa anglicana, construída en 1825.
  • Museo Nacional de Granada.
  • Edificio do Parlamento, tamén coñecido como York House, que acolle as dúas cámaras de repreesntantes e máis o Tribunal Supremo (Supreme Court).
  • O pazo do Gobernador Xeral.
  • O complexo fortificado de Fort Frederick.
  • O mercado de St. Georg's.
  • A praia de Grande Anse, con centros comerciais e hoteis nas proximidades.
  • O estadio de Queen's Park, que acolleu a copa mundial de crícket do 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]