Saltar ao contido

Estado de Baden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de xaneiro de 2024 ás 14:27 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «ao este»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaEstado de Baden

EpónimoBaden-Baden Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°N 10°L / 50, 10
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg Editar o valor en Wikidata
Creación1112 Editar o valor en Wikidata

Baden é unha rexión histórica xermana que, desde 1970, forma porte do estado federado de Baden-Württemberg, en Alemaña.

Os señores de Baden beneficiáronse da disolución de Suabia e, tras acadar a categoría de Margraviato en 1112, convertéronse nunha das dinastías máis importantes do sur de Alemaña, xunto cos Habsburgo e os Württemberg). Baden estivo fragmentado entre 1190 e 1771.

Cando se disolveu o Sacro Imperio Romano Xermánico converteuse en Gran Ducado (1803-1806), permanecendo como país soberano ata 1871, ano en que se uniu ao Imperio Alemán.

Trala segunda guerra mundial, o goberno militar francés creou o Estado de Baden con Friburgo como capital. A parte máis setentrional, parte da zona estadounidense, formou o Estado de Württemberg-Baden. En 1952 Baden uniuse con este estado e máis co de Wurtemberg-Hohenzollern para formar o land de Baden-Württemberg.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Baden limitaba ao norte co Reino de Baviera e co Gran Ducado de Hesse-Darmstadt, ao oeste co río Rin, ao sur con Suíza e ao leste co reino de Württemberg, o principado de Hohenzollern-Sigmaringen e con Baviera. Tiña unha área 15.081 km².