Saltar ao contido

Reptantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de agosto de 2023 ás 05:12 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Para outros animais que "reptan, véxase Réptiles,
A cigala (Nephrops norvegicus), un crustáceo marchador típico.

Os reptantes (Reptantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas especiesnécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais— caracterizados teren o corpo deprimnido dorsoventalmente e por camiñar polo fondo, en contraposición aos do outro grupo, o dos nadadores (Natantia), que reunía as especies, de corpor deprimido lateralmente e que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.[1][2]

Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades [3] ou en páxinas web serias.[2]

Clasificación tradicional dos decápodos

[editar | editar a fonte]

Orde decápodos (Decapoda):[2]

  • Reptadores (Reptantia)
    • Anomuros (Anomura)
    • Braquiúros (Brachyura)
    • Macruros (Macrura)
  • Nadadores (Natantia)

Catacterísticas dos antigos reptantes

[editar | editar a fonte]

Os membros deste grupo caracterízanse por teren o corpo deprimido dorsoventramente e os pleópodos (apéndices abdominais) pequenos (incluso poden estar ausentes), e non se usan na locomoción. As anténulas carecen de estilocerito, e o escafocerito, que pode estar ausente tamén, no caso de existir está pouco desenvolvido.[2]

O grupo dividíase en tres subordes, diferenciadas pola forma da casca, a posición e forma do abdome e a morfoloxía dos últimos apédices torácicos: anomuros, braquiúros e macruros.[2]

O cambio na clasificación

[editar | editar a fonte]

A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.[1]

Galería de imaxes dos reptantes

[editar | editar a fonte]

Clasificación actual dos decápodos

[editar | editar a fonte]

A clasificación actual dos decápodos, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:[4]

Orde Decapoda Latreille, 1802

  1. 1,0 1,1 Raymond T. Bauer (2004). Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal natural history series 7. University of Oklahoma Press. p. 206. ISBN 978-0-8061-3555-7. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Decápodos. Calsificacíón Arquivado 26 de setembro de 2012 en Wayback Machine. en asturnatura.com (en castelán) Consultada o 8/01/2013.
  3. Reptantia: Crawling Crustaceans en British Marine Life. (en inglés) Consultada o 8/01/2012.
  4. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 09 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]