Saltar ao contido

Espello (plumaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de decembro de 2022 ás 23:48 por Calq (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Femia de lavanco. A mancha azul con beira branca é o espello.

O espello ou speculum é unha mancha brillante, a miúdo de coloración distintiva, presente nas plumas rémixes internas dalgunhas aves, particularmente as anseriformes, pero tamén,por exemplo, nos papagaios do xénero Amazona. Esta mancha, decotío visible cando voan, é util á hora de identificar determinadas especies.