Henrique I de Inglaterra
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario AMPERIO (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Modelo:Ficha de nobre Henrique I (en inglés moderno, Henry I, nado c. 1068 e finado o 1 de decembro de 1135), chamado Henrique Beauclerc ("Bo Sabio" en francés) polos seus intereses culturais, foi rei de Inglaterra desde 1100 ata a súa morte. Fillo de Guillerme I o Conquistador, recibiu educación por parte da Igrexa. Trala morte do seu pai en 1087, os seus irmáns maiores, Roberto Curthose e Guillerme Rufo, herdaron Normandía e Inglaterra, respectivamente, pero Henrique quedou sen posesións. Adquiriu o condado do Cotentin en Normandía occidental ao seu irmán Roberto, pero eles depuxéronlle en 1091. Reconstruíu gradualmente a súa base de poder no Cotentin e aliouse con Guillerme contra Roberto. Estivo presente cando Guillerme morreu nun accidente de cacería en 1100 e apropiouse do trono inglés, coa promesa na súa coroación de corrixir moitas das políticas menos populares do seu irmán. Casou con Matilde de Escocia, pero continuou tendo amantes con quen procreou varios fillos ilexítimos.
O seu irmán Roberto ameazou o control sobre Inglaterra cando liderou unha invasión en 1101, pero esta campaña militar terminou nun acordo negociado que confirmou como rei a Henrique. A paz durou pouco, xa que este invadiu o Ducado de Normandía en 1105 e 1106 e finalmente derrotou a Roberto na batalla de Tinchebray. Mantivo ao seu irmán en prisión polo resto da súa vida. O seu control sobre Normandía foi desafiado por Luís VI de Francia, Balduino VII de Flandres e Fulco V de Anjou, quen promoveu as reclamacións do fillo de Roberto -William Clito- e apoiou unha gran rebelión no ducado entre 1116 e 1119. Despois da vitoria inglesa na batalla de Brémule, acordouse un acordo de paz con Luís VI en 1120.
Considerado polos seus contemporáneos como un gobernante severo pero efectivo, manipulou habilmente aos baróns ingleses e normandos. En Inglaterra inspirouse no sistema anglosaxón de xustiza, o goberno local e a tributación, pero tamén o fortaleceu con institucións adicionais, como o tesouro real e os xuíces itinerantes. Normandía tamén se rexía cun sistema de xuíces e un tesouro público. Moitos dos funcionarios que manexaban o sistema de Henrique eran «homes novos» con antecedentes escuros, en lugar de familias de alto status, que ascendían en rango como administradores. O rei alentou a reforma eclesiástica, pero viuse envolvido nunha grave disputa en 1101 co arcebispo Anselmo de Canterbury, que se resolveu mediante un compromiso en 1105. Apoiou á Orde de Cluny e tivo un rol clave na selección do clero de Inglaterra e Normandía.
O seu único fillo varón e herdeiro lexítimo, Guillerme Adelin, afogouse no naufraxio do Barco Branco de 1120, poñendo en dúbida a sucesión real. Tomou unha segunda esposa, Adela, coa esperanza de ter outro fillo, pero os seus plans fracasaron. En resposta, declarou á súa filla Matilde herdeira da Coroa e desposouna con Godofredo V de Anjou. A súa relación coa parella tensouse e estalou un conflito ao longo da fronteira co condado de Anjou. Morreu o 1 de decembro de 1135 logo dunha semana de enfermidade. Malia os seus plans coa súa filla Matilde, foi sucedido polo seu sobriño Estevo de Blois, o que deu como resultado un período de guerra civil, coñecido posteriormente como a Anarquía.
Traxectoria
Foi o cuarto fillo de Guillermo o conquistador, o primeiro nacido en Inglaterra logo da conquista normanda, destinado á carreira eclesiástica recibiu unha boa educación pero o asasinato do seu irmán maior, Guillerme II o rei de Inglaterra e a asusencia do seu outro irmán, Robert Curthose que estaba nas cruzadas, fixo que ascendese ao trono o 5 de agosto de 1100. O 11 de novembro dese ano, tras conseguir a dispensa dos seus votos, casou con Matilde de Escocia, filla de Malcolm III de Escocia. No ano 1101 o seu irmán Robert volveu das cruzadas e intentou facer valer os seus dereitos ao trono pero a falta de apoios dos nobres normandos fixo que desistise, recoñecendo a Henrique como rei de Inglaterra. Henrique invadiu finalmente Normandía e derrotou ao seu irmán na batalla de Tinchebray (1106) converténdose tamén en duque de Normandía. No ano 1120 Guillerme Adelin, o seu único fillo home e herdeiro morreu no naufraxio do White Ship, para evitar unha guerra civil Henrique tomou a decisión de nomear a súa filla, Matilde, viúva do emperador Henrique V como a súa herdeira e obrigou aos nobres a xurarlle fidelidade. Con todo á súa morte foi Estevo de Blois quen se fixo co trono dando comezo unha guerra civil coñecida como A anarquía.
Henrique Reformou o tesouro, usou oficiais itinerantes para cortar os abusos de poder das autoridades locais.
Descendentes
Lexítimos
Ademais de Matilde e Guillerme,[1] posiblemente tivo un fillo efémero, Ricardo, do seu primeiro matrimonio con Matilde de Escocia.[2] Non tivo fillos coa súa segunda esposa Adela de Lovaina.
Ilexítimos
Tivo varios fillos ilexítimos por distintas amantes.[i]
- Fillos
- Roberto de Gloucester (n. c. 1090).[5]
- Richard: fillo de Ansfride, criado por Robert Bloet, bispo de Lincoln.[6]
- Reginald de Dunstanville, conde de Cornualles (n. c. 1110-1120): posiblemente nado de Sibyl Corbet.[7]
- Robert FitzEdith «Fillo do Rei»: nado de Ede, filla de Forne.[8][9]
- Gilbert FitzRoy: posiblemente nado dunha filla sen nome documentado ou filla de Walter de Gand.[8]
- Guillermo de Tracy (n. c. 1090).[8]
- Henry FitzRoy: posiblemente fillo de Nest ferch Rhys.[8][9][ii]
- Fulk FitzRoy: posiblemente fillo de Ansfride.[9]
- William: irmán de Sibila de Normandía, probablemente irmán de Reginald de Dunstanville.[10]
- Fillas
- Matilde FitzRoy, condesa de Perche.[11]
- Matilde FitzRoy, duquesa de Bretaña.[11]
- Juliana de Fontevrault: esposa de Eustaquio de Breteuil: posiblemente filla de Ansfrida.[12][9]
- Mabel, esposa de William Gouet.[13]
- Constanza, vizcondesa de Beaumont-sur-Sarthe.[14]
- Alice FitzRoy: esposa de Mateo de Montmorency.[15]
- Isabel: filla de Isabel de Beaumont, condesa de Pembroke.[15]
- Sibila de Normandía, raíña consorte de Escocia (n. c. 1100).[15][iii]
- Matilde FitzRoy, abadesa de Montivilliers.[15]
- Gundrada de Dunstanville.[15]
- Posiblemente Rohese: esposa de Henry de la Pomerai.[15][iv]
- Emma; esposa de Guy de Laval.[16]
- Adeliza FitzRoy.[16]
- A esposa (en nome documentado) de Fergus de Galloway.[16]
- Posiblemente Sibila de Falaise.[16][v]
Devanceiros
Notas
- ↑ O traballo do historiador Geoffrey White na década de 1940 produciu unha extensa lista dos fillos ilexítimos de Henrique, que constitúe a base da investigación académica máis recente, por Kathleen Thompson.[3][4]
- ↑ Tradicionalmente, a nai de Henry FitzRoy identificase como Nest ferch Rhys, aínda que o traballo máis recente de Kathleen Thompson provoca dúbidas sobre esta teoría.[8][9]
- ↑ White argumentou que a nai de Sibila era Sibila Corbet de Alcester, aínda que unha investigación máis recente de Kathleen Thompson desacredita esta teoría.[15]
- ↑ Rohese puido ser a filla do rei inglés, pero é máis probable que o seu pai fora Herbert FitzHerbert.[15]
- ↑ Sibila puido ser a filla do rei inglés, pero é máis probable que o seu pai fora o seu irmán Roberto II.[16]
- Referencias
- ↑ Hollister 2003, p. 130.
- ↑ Green 2009, p. 75.
- ↑ White, GW, ed. (1949). The complete peerage (en inglés) 11. Londres: St. Catherine Press. pp. 105–121. OCLC 568761046.
- ↑ Thompson 2003, p. 130.
- ↑ Thompson 2003, pp. 141-143.
- ↑ Thompson 2003, pp. 143, 146.
- ↑ Thompson 2003, pp. 143-146.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Thompson 2003, p. 146.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Green 2009, p. 322.
- ↑ Thompson 2003, pp. 146-147.
- ↑ 11,0 11,1 Thompson 2003, p. 147.
- ↑ Thompson 2003, pp. 147-148.
- ↑ Thompson 2003, p. 148.
- ↑ Thompson 2003, pp. 148-149.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 Thompson 2003, p. 149.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Thompson 2003, p. 150.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique I de Inglaterra |
Bibliografía
- Barlow, Frank (1999). The feudal Kingdom of England, 1042–1216 (en inglés) (Quinta ed.). Harlow: Pearson Education. ISBN 0-582-38117-7. OCLC 921142924.
- Brett, Martin (1975). The English Church under Henry I (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-198-21861-6. OCLC 1914851.
- Carpenter, David (2004). The struggle for mastery: Britain 1066–1284 (en inglés). Londres: Penguin. ISBN 978-0-140-14824-4. OCLC 939864686.
- Chibnall, Marjorie (1993). The Empress Matilda: queen consort, queen mother and Lady of the English (en inglés). Oxford: Blackwell. ISBN 978-0-631-19028-8. OCLC 742956774.
- Cooper, Alan (2001). ""The feet of those that bark shall be cut off": timorous historians and the personality of Henry I". En Gillingham, John. Anglo-Norman studies: proceedings of the Battle Conference, 2000 (en inglés). Woodbridge: Boydell Press. pp. 47–68. ISBN 978-0-851-15825-9. OCLC 939630828.
- Crouch, David (2008). The Beaumont twins: the roots and branches of power in the twelfth century (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-09013-1. OCLC 237884028.
- David, Charles W (1929). "The claim of King Henry I to be called learned". En Taylor, CH; LaMonte, JL. Anniversary essays in medieval history by students of Charles Homer Haskins (en inglés). Boston: Houghton Mifflin. pp. 45–56. OCLC 615486047.
- Green, Judith (2003). "Le gouvernement d'Henri I.er Beauclerc en Normandie". En Bouet, Pierre; Gazeau, Véronique. La Normandie et l'Angleterre au Moyen Âge (en francés). Caen: Université de Caen. pp. 61–73. ISBN 978-2-902-68514-1. OCLC 902122854.
- Green, Judith (2009). Henry I: King of England and Duke of Normandy (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-74452-2. OCLC 699174129.
- Hallam, Elizabeth M; Everard, Judith A (2001). Capetian France, 987–1328 (en inglés) (Segunda ed.). Harlow: Longman. ISBN 978-0-582-40428-1. OCLC 881417272.
- Hollister, C Warren (2003). Frost, Amanda Clark, ed. Henry I (en inglés). New Haven: Yale University Press. ISBN 978-0-300-09829-7. OCLC 1004594212.
- King, Edmumd (2010). King Stephen (en inglés). New Haven: Yale University Press. ISBN 978-0-300-11223-8. OCLC 952756465.
- Mayr-Harting, Henry (2011). Religion, politics and society in Britain, 1066–1272 (en inglés) (Primera ed.). Harlow: Longman. ISBN 978-0-582-41413-6. OCLC 734087375.
- Newman, Charlotte A (1988). The Anglo-Norman nobility in the reign of Henry I: the second generation (en inglés). Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-812-28138-5. OCLC 907135968.
- Poole, Austin Lane (1993) [1951]. Clark, George N, ed. From Domesday book to Magna Carta, 1087–1216. Oxford History of England (en inglés) III (Segunda ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-192-85287-8. OCLC 917435174.
- Southern, Richard W (1962). "The place of Henry I in English history". Proceedings of the British Academy (en inglés) (Londres: British Academy/Oxford University Press) 48: 127–169. ISSN 0068-1202. OCLC 606997637.
- Thompson, Kathleen (2003). "Affairs of state: the illegitimate children of Henry I". Journal of Medieval History (en inglés) (Ámsterdam: Elsevier) 29 (2): 129–151. ISSN 0304-4181. OCLC 4645457385. doi:10.1016/S0304-4181(03)00015-0.
- Thompson, Kathleen (2007). "From the Thames to Tinchebray: the role of Normandy in the early career of Henry I". En Fleming, Donald F; Pope, Janet M. Henry I and the Anglo-Norman world (en inglés). Woodbridge: Boydell Press. pp. 16–26. ISBN 978-1-843-83293-5. OCLC 666941825.
- Vaughn, Sally N (2007). "Henry I and the English Church: the archbishops and the king". En Fleming, Donald F; Pope, Janet M. Henry I and the Anglo-Norman world (en inglés). Woodbridge: Boydell Press. pp. 133–157. ISBN 978-1-843-83293-5. OCLC 666941825.
Henrique I de Inglaterra Nacemento: 1068/1069 Falecemento: 1 de decembro de 1135
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Guillerme II
|
Rei de Inglaterra 1100–1135 |
Sucedido por Estevo I |
Precedido por William Adelin
|
Duque de Normandía 1120–1135 | |
Precedido por Robert Curthose
|
Duque de Normandía 1106–1120 |
Sucedido por William Adelin |