Laranxeira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Laranxeira | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Citrus × sinensis Osbeck |
A laranxeira (Citrus x sinensis) é a árbore que dá a laranxa. Pertence ao xénero Citrus, que forma parte da familia das Rutáceas. Trátase dunha árbore de porte mediano - mais en óptimas condicións de cultivo chega até os 13 m de altura - , perenne, de copa grande, redonda ou piramidal, con follas ovais de entre 7 a 10 cm, de marxe enteira e frecuentemente estipuladas, e ramas en ocasións con grandes espiñas (máis de 10 cm). As súas flores brancas, denominadas azar, nacen illadas ou en acios e son sumamente fragrantes.
Hai grande cantidade de variedades diferentes, fundamentalmente pola calidade do froito e o sabor, que varía do doce ao ácido. A especie C. aurantium produce laranxas amargas utilizadas para a elaboración dalgúns licores, marmeladas e confituras.
É orixinario da China, traído a occidente polos árabes.
Dáse en climas temperados e cálidos, e en España cultívase sobre todo na zona do Levante, onde se acostuman regar por inundación unhas tres veces ao ano. Non soporta as xeadas prolongadas por debaixo de 0°.
A este mesmo xénero pertencen o limoeiro, o mandarineiro, o pomelo, a limeira, o cumt, a laranxeira amarga ou agre...
Produción
Segundo a FAOSTAT, en 2018, os principais produtores de laranxas foron:[1]
Principais produtores de laranxas en 2019(toneladas) | ||
---|---|---|
Posición | País | Produción |
1 | Brasil | 17 073 593 |
2 | China | 10 435 719 |
3 | India | 9 509 000 |
4 | Estados Unidos | 4 832 570 |
5 | México | 4 736 715 |
6 | España | 3 226 870 |
7 | Exipto | 3 197 046 |
8 | Indonesia | 2 563 485 |
9 | Irán | 2 308 730 |
10 | Turquía | 1 700 000 |
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laranxeira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Laranxeira |
Outros artigos
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |