Lynn Redgrave
Modelo:Actor Lynn Rachel Redgrave OBE, nada en Londres o 8 de marzo de 1943 e finada en Nova York o 2 de maio de 2010, foi unha actriz británica pertencente á coñecida familia de intérpretes: era filla de sir Michael Redgrave e Rachel Kempson, lady Redgrave; irmá de Corin Redgrave e Vanessa Redgrave; e tía das actrices Natasha Richardson, Joely Richardson e Jemma Redgrave.
Lynn Redgrave é a única persoa que foi candidata aos catro grandes premios estadounidenses do entretemento (Grammy, Emmy, Oscar e Tony) sen gañar ningún deles.[1]
Traxectoria
O primeiro papel de Redgrave nun filme foi unha pequena aparición en Tom Jones (1963). En 1966 recibiu a súa primeira candidatura aos premios Oscar por Georgey Girl. Traballou en televisión, nos teatros de Londres e en Broadway e foi candidata en dúas ocasións aos Tony. Tamén gañou dúas veces o premio Sarah Siddons (1977 e 1995) polo seu traballo nos teatros de Chicago.
Outros filmes en que participou foron The Happy Hooker, Every Little Crook and Nanny, Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntar, The Big Bus, Sunday Lovers, Morgan Stewart's Coming Home e Gods and Monsters. Entre 1979 e 1981, participou na serie de televisión estadounidense House Calls. No seu último filme, Kinsey, protagonizado por Liam Neeson, ten un breve mais amplamente eloxiado papel.
En 2000, Redgrave divorciouse do que fora o seu marido durante 33 anos, o produtor de cinema e actor John Clark, cando descubriu que tivera un fillo coa súa axudante.[2][3] En 2002 anunciou que sufría un cancro de mama. Escribiu unha obra de teatro, The Mandrake Root e tamén un libro en que narraba a súa batalla contra o cancro titulado Journal: A Mother and Daughter's Recovery from Breast Cancer con fotografías realizadas pola súa filla Annabel Clark.[4]
Redgrave foi nomerada Oficial da Orde do Imperio Británico, aínda que posteriormente se converteu en cidadá estadounidense.[5]
A actriz faleceu o 2 de maio de 2010 tras sete anos de loita contra o cancro.[6]
Filmografía
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1963 | Tom Jones | Susan | |
1964 | Girl with Green Eyes | Baba Brennan | |
1966 | Georgy Girl | Georgy | |
1966 | The Deadly Affair | Virgin | |
1967 | Smashing Time | Yvonne | |
1969 | The Virgin Soldiers | Phillipa Raskin | |
1970 | Last of the Mobile Hot Shots | Myrtle Kane | |
1971 | Long Live Your Death | Mary O'Donnell | Tamén coñecida como Don't Turn the Other Cheek! |
1972 | Every Little Crook and Nanny | Miss Poole | |
1972 | Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntar | The Queen | |
1973 | The National Health | Nurse Betty Martin | |
1975 | The Happy Hooker | Xaviera Hollander | |
1976 | The Big Bus | Camille Levy | |
1980 | Sunday Lovers | Lady Davina | Episodio: "An Englishman's Home" |
1987 | Morgan Stewart's Coming Home | Nancy Stewart | |
1989 | Getting It Right | Joan | |
1989 | Midnight | Midnight | |
1996 | Shine | Gillian | |
1998 | Gods and Monsters | Hanna | |
1998 | The Hairy Bird | Miss McVane | Tamén coñecida como All I Wanna Do |
1999 | Touched | Carrie | |
1999 | The Annihilation of Fish | Poinsettia | |
2000 | The Simian Line | Katharine | |
2000 | The Next Best Thing | Helen Whittaker | |
2000 | Deeply | Celia | |
2000 | How to Kill Your Neighbor's Dog | Edna | |
2000 | Lion of Oz | Malvada bruxa do leste | Voz |
2001 | Venus and Mars | Emily Vogel | |
2001 | My Kingdom | Mandy | |
2002 | Spider | Mrs. Wilkinson | |
2002 | Unconditional Love | Nola Fox | |
2002 | The Wild Thornberrys Movie | Cordelia Thornberry | Voz |
2002 | Hansel and Gretel | Woman / Witch | |
2002 | Anita and Me | Mrs. Ormerod | |
2003 | Charlie's War | Grandma Lewis | |
2003 | Peter Pan | Aunt Millicent | |
2004 | Kinsey | Final Interview Subject | |
2005 | The White Countess | Olga Belinskya | |
2007 | The Jane Austen Book Club | Mama Sky | |
2009 | My Dog Tulip | Nancy / Greengrocer's Wife | Voz |
Notas
- ↑ Potter, Steve (3 de agsosto de 2016). "City Scene: Gone but not forgotten". The Telegraph (Alton, Illinois) (en inglés) (Civitas Media). Consultado o 30 de novembro de 2016.
...Actress Lynn Redgrave...credited as the only person to have been nominated for all of the "Big Four" awards...without ever winning any of them.
- ↑ "Lynn Redgrave obituary". The Daily Telegraph (Londres). 3 de maio de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010.
- ↑ "Lynn Redgrave obituary". The Times (Londres). 4 de maio de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010.
- ↑ Bcrfcure.org
- ↑ Lynn Redgrave profile at FilmReference.com
- ↑ Fallece Lynn Redgrave a los 67 años
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynn Redgrave |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
- Lynn Redgrave en Find a Grave (en inglés)
- Lynn Redgrave – Downstage Center entrevista en American Theatre Wing.org, xullo de 2005.
- Write TV Public Television interview