Saltar ao contido

Lixosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de novembro de 2018 ás 18:37 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>)
Lixosa
Identificadores
Número CAS 1949-78-6
PubChem 65550
ChEMBL CHEMBL1159661
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C5H10O5
Masa molecular 150,13 g/mol
Densidade 1,545 g cm-3
Punto de fusión 108 °C; 226 °F; 381 K
Solubilidade en auga Soluble en auga

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A lixosa é un monosacárido de cinco carbonos (pentosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que é unha aldopentosa.

É un azucre pouco común na natureza. A lixosa pode encontrarse formando parte dos glicolípidos das paredes celulares dalgunhas especies de bacterias,[1] . O derivado da lixosa D-lixitol atópase no músculo cardíaco formando parte da lixoflavina [2] (composto similar á riboflavina pero con D-lixitol en vez de D-ribitol[3]).

Existen os isómeros D e L da lixosa, pero a lixosa é a única aldopentosa na que o enantiómero L é máis abundante na natureza ca o D. A D-lixosa é o epímero da D-xilosa e da D-arabinosa. A L-lixosa é epímera da D-ribosa.

Notas

  1. Kay-Hooi Khoo et al., Chemistry of the Lyxose-Containing Mycobacteriophage Receptors of Mycobacterium phlei/Mycobacterium smegmatis, Biochemistry, 35 (36), 11812-11819, 1996. Abstract
  2. Definición.
  3. Lixoflavina

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas