Saltar ao contido

Micromorcegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de setembro de 2018 ás 00:06 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Micromorcegos

Corynorhinus townsendii
Clasificación científica
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Dobson, 1875
Superfamilias

Véxase o texto

Os micromorcegos ou microquirópteros (Microchiroptera) son unha suborde da orde Chiroptera. O termo de microquirópteros é algo inexacto, xa que algúns deles son máis grandes que os megaquirópteros.

O tamaño varía entre 4 e 16 centímetros. A maioría do alimento dos microquirópteros son os insectos. Algúns cazan especies máis grandes: lagartos, ras ou mesmo peixes. Hai microquirópteros, como o vampiro (Desmodus rotundus) de América do Sur, que se alimentan de sangue de grandes mamíferos.

Diferenzas entre micro e macroquirópteros

[editar | editar a fonte]

As distincións entre microquirópteros e megaquirópteros son:

  • Mentres que os megaquirópteros son fruxívoros, a maioría dos microquirópteros aliméntanse de insectos.
  • Os microquirópteros usan a ecolocalización e os megaquirópteros non (agás unha especie e de forma diferente).
  • Aos microquirópteros fáltalles a garra no segundo dedo do pé.
  • As orellas dos microquirópteros non forman un anel pechado, senón que os bordos están separados na base da orella.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Esta clasificación é a adoptada por Simmons & Geisler (1998):[1]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]