Saltar ao contido

Lynn Redgrave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de agosto de 2018 ás 10:33 por Jglamela (conversa | contribucións) (Traducido de es:Lynn Redgrave)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaLynn Redgrave

(1999) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Marylebone, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Kent, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de mama Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Peter's Episcopal Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCentral School of Speech and Drama
Queen's Gate School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión, escritora, actriz de dobraxe, actriz de teatro, actriz de cinema, dramaturga, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Clark (1967–2000) Editar o valor en Wikidata
FillosBenjamin B. Clark, Kelly Anne Clark, Annabel Lucy Clark Editar o valor en Wikidata
PaisMichael Redgrave Editar o valor en Wikidata  e Rachel Kempson Editar o valor en Wikidata
IrmánsVanessa Redgrave
Corin Redgrave Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webredgrave.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001655 Allocine: 14049 Rottentomatoes: celebrity/lynn_redgrave Allmovie: p59204 102920 TV.com: people/lynn-redgrave IBDB: 7451
BNE: XX1482115 Musicbrainz: 053c75ba-ab64-4067-bccf-73065539e42c Discogs: 1623181 WikiTree: Redgrave-60 Find a Grave: 154539085 Editar o valor en Wikidata

Lynn Rachel Redgrave OBE, nada en Londres o 8 de marzo de 1943 e finada en Nova York o 2 de maio de 2010) foi unha actriz británica pertencente á coñecida familia de intérpretes: era filla de sir Michael Redgrave e Rachel Kempson, lady Redgrave; irmá de Corin Redgrave e Vanessa Redgrave; e tía das actrices Natasha Richardson, Joely Richardson e Jemma Redgrave.

Traxectoria

O primeiro papel de Redgrave nun filme foi unha pequena aparición en Tom Jones (1963). En 1966 recibiu a súa primeira candidatura aos premios Oscar por Georgey Girl. Traballou en televisión, nos teatros de Londres e en Broadway e foi candidata en dúas ocasións aos Tony. Tamén gañou dúas veces o premio Sarah Siddons (1977 e 1995) polo seu traballo nos teatros de Chicago.

Outros filmes en que participou foron The Happy Hooker, Every Little Crook and Nanny, Everything You Always Wanted to Know About Sex* (*But Were Afraid to Ask), The Big Bus, Sunday Lovers, Morgan Stewart's Coming Home e Gods and Monsters. Entre 1979 e 1981, participou na serie de televisión estadounidense House Calls. No seu último filme, Kinsey, protagonizado por Liam Neeson, ten un breve mais amplamente eloxiado papel.

En 2000, Redgrave divorciouse do que fora o seu marido durante 33 anos, o produtor de cinema e actor John Clark, cando descubriu que tivera un fillo coa súa axudante.[1][2] En 2002 anunciou que sufría un cancro de mama. Escribiu unha obra de teatro, The Mandrake Root e tamén un libro en que narraba a súa batalla contra o cancro titulado Journal: A Mother and Daughter's Recovery from Breast Cancer con fotografías realizadas pola súa filla Annabel Clark.[3]

Redgrave foi nomerada Oficial da Orde do Imperio Británico, aínda que posteriormente se converteu en cidadá estadounidense.[4]

La actriz falleció el 2 de mayo de 2010 tras 7 años de lucha contra el cáncer.[5]

Notas

  1. "Lynn Redgrave obituary". The Daily Telegraph (Londres). 3 de maio de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010. 
  2. "Lynn Redgrave obituary". The Times (Londres). 4 de maio de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010. 
  3. Bcrfcure.org
  4. Lynn Redgrave profile at FilmReference.com
  5. Fallece Lynn Redgrave a los 67 años