Sally Potter
Modelo:Actor Charlotte Sally Potter, nada en Londres o 19 de setembro de 1949, é unha directora de cine, guionista e actriz británica.
Traxectoria
Potter empezou a realizar filmes á idade de 14 anos, cando un dos seus tíos lle regalou unha vídeocamara.[1] Abandonou os seus estudos para dedicarse á dirección. En 1970 uniuse á organización London Filme-Makers' Co-op onde empezou a realizar filmes experimentais. En 1979 dirixiu unha curtametraxe chamado Thriller, que se converteu nun éxito no seu país. En 1983 dirixiu a súa primeira longametraxe, The Gold Diggers (1983), protagonizada por Julie Christie.
Como directora da internacionalmente distribuída Orlando (1992), Potter obtivo gran apreciación da crítica pola súa dirección e o seu guión. Protagonizada por Tilda Swinton, o filme baseouse na novela do mesmo nome de Virginia Woolf e foi adaptada á pantalla grande pola mesma Potter.[2][3] Tras a súa exitosa dirección en Orlando, Potter dirixiu os filmes The Tango Lesson (1997), The Man Who Cried (2000), Yes (2004), Rage (2009), Ginger & Rosa (2012) e The Party (2017).[4] Foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico en 2012.