Saltar ao contido

Carole King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de agosto de 2007 ás 21:08 por Beninho (conversa | contribucións)

Carole King (9 de febreiro, 1942) é unha cantante norteamericana. O seu álbum de 1971, Tapestry, é un dos álbums máis vendidos da historia.

Traballou xunto a Paul Simon nunha discográfica facendo maquetas de grupos noveis. Moza de Neil Sedaka, inspiroulle a este a canción "Oh, Carol". En 1959 casou con Gerry Goffin, co que formou un dos máis importantes equipos musicais. En 1960 a súa canción "Will You Love me Tomorrow" foi número cantada por The Shirelles. Carole King converteuse na primeira compositora pop do mundo pero ata 1971 as cancións cantadas por ela non tiveron repercusión ningunha, pero ese ano Tapestry vendeu 15 millóns de exemplares.