Saltar ao contido

Gerald Gardner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de xullo de 2007 ás 14:49 por Xabier Cid (conversa | contribucións)
Ficheiro:GeraldBrosseauGardner.PNG
Gerald Gardner, o creador da wicca.

Gerald Brosseau Gardner, nado o 13 de xuño de 1884 en Blundellsands e morto o 12 de febreiro de 1964 no mar Mediterráneo, foi un ocultista inglés.

Ademais do seu traballo como funcionario, era un afeccionado á antropoloxía e escritor, que publicou algúns textos claves para a relixión wicca, da cal foi o seu principal fundador.