O Sereo
O Sereo (coñecido as máis das veces coma O Sireno[1]) é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.[2].
Descrición
Foi erguida no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións a cidadanía de Vigo[Cómpre referencia]. A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aluminio e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura[3]. O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral[4].
Galería de imaxes
-
Edificio Simeón co Sereo.
-
Detalle.
-
Detalle superior dende a rúa Elduayen.
-
Placa trilingüe da escultura, polo Concello de Vigo.[5]
Notas
- ↑ Na propia placa da escultura colocada polo Concello de Vigo aparece o castelanismo
- ↑ «"Tempo" de Leiro en el campus»: ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…"
- ↑ Hoxe.vigo.org
- ↑ Turismodevigo.org
- ↑ «Patrimonio diseña un circuito urbano por los edificios históricos del centro de la ciudad»
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Sereo |