Heterópteros
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 7 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Heterópteros | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Barisus cercius | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Infraordes | |||||||||
Os heterópteros (Heteroptera) son un grupo de insectos que comprende unhas 40.000 especies pertencentes á orde Hemiptera.[1] O termo "Heteroptera" procede do grego e significa "ás diferentes", xa que a maioría das especies teñen un par de ás anteriores con porcións membranosas e porcións endurecidas, chamadas hemélitros; os membros do grupo máis primitivo dos Enicocephalomorpha teñen ás completamente membranosas.
O nome "Heteroptera" utilízase en dous sentidos diferentes nas modernas clasificacións. Na nomenclatura lineana aparecen xeralmente como unha suborde dentro da orde Hemiptera, onde poden ser parafiléticos ou monofiléticos dependendo da delimitación que se faga. En nomenclatura filoxenética úsase como un clado sen categorizar dentro do clado Prosorrhyncha, o cal á súa vez está no clado Hemiptera. Este resultado procede de que se considera que os Coleorrhyncha son simplemente "fósiles viventes" emparentados cos tradicionais Heteroptera, e están próximos dabondo a eles como para incluílos nese grupo.
Os Gerromorpha e Nepomorpha comprenden a maioría dos membros acuáticos e semiacuáticos dos heterópteros, mentres que case todos os grupos restantes que son comúns e popularmente coñecidos están dentro dos Cimicomorpha e Pentatomomorpha.
Clasificación
O so do nome "Heteroptera" tivo antes a categoría de orde, e remóntase a 1810, autoría de Latreille. Só recentemente foi relegado a unha categoría subsidiaria dentro dunha definición máis ampla de Hemiptera, polo que moitos libros de referencia aínda o inclúen como unha orde. Se debe seguir tratándose como unha suborde é aínda un asunto debatido, como tamén o é se o propio nome debería ser utilizado, aínda que hai tres enfoques básicos que van desde abolir o nome completamente a manter a taxonomía cun lixeiro cambio na sistemática, e dúas das propostas (pero non o tradicional) concordan coa filoxenia. As clasificacións en competencia requiren unha preferencia polas dúas subordes fronte a unha cando se ten en consideración a familia de "fósiles viventes" Peloridiidae.
Nunha clasificación revisada proposta en 1995,[2] o nome da suborde é Prosorrhyncha, e Heteroptera é un grupo non categorizado que está dentro dela. A única diferenza entre Heteroptera e Prosorrhyncha é que este últio inclúe a familia Peloridiidae, a cal é un pequeno grupo relictual que é de seu unha superfamilia e infraorde monotípicas. Noutras palabras, os Heteroptera e Prosorrhyncha sensu Sorensen et al. son idénticos excepto en que os Prosorrhyncha conteñen unha infraorde adicional, chamada Peloridiomorpha (que comprende só 13 pequenos xéneros). O conflito actual entre as clasificacións linneanas tradicionais e as clasificacións non tradicionais exemplifícase polo problema inherente a continuar usando o nome Heteroptera cando xa non pode axustarse a ningunha categoría linneana estándar (xa que queda por debaixo da suborde pero por encima da infraorde). Se esta clasificación ten éxito, entón o grupo dos "Heteroptera" deberá desbotarse, pero nese caso é probable que non se use ningunha categoría en absoluto segundo os estándares da nomenclatura filoxenética.
Na clasificación tradicional,[3] os Peloridiidae mantéñense como unha suborde propia, chamada Coleorrhyncha; "Heteroptera" é tratado igual. Funcionalmente, a única difeenza entre esta clasificación e a precedente é que a anterior usa o nome Prosorrhyncha para referirse a un determinado clado, mentres que o enfoque tradicional divide esta nos Heteroptera parafiléticos e os Coleorrhyncha monofiléticos. Moitos opinan que é preferible usar só un nome porque as características das dúas subordes tradicionais están demasiado emparentadas estreitamente como para ser tratadas por separado.
Alternativamente,[4] pode utilizarse o enfoque modificado de situar Coleorrhyncha 'dentro' de Heteroptera. De feito, como esta solución conserva aos ben coñecidos Heteroptera como categoría taxonómica mantense tradicionalmente mentres que facelo un grupo consistentemente monofilético, parece preferible ao grupo "Heteroptera" parafilético usado en obras máis vellas. Neste caso, o grupo Heteroptera "nuclear" ("core") podería considerarse unha sección, aída que polo momento non se lle deu nome, principalmente porque os Prosorrhyncha foron propostos antes, dentro dos Heteroptera "expandidos", ou este último podería simplemente describirse constando só dunha liñase basal de "fósiles viventes" e unha radiación principal máis apomórfica. Se o nome "Coleorrhyncha" se mantén para a liñaxe basal ou se se usa o máis consistente "Peloridiomorpha" no seu lugar é cuestión de gustos, como se describe máis abaixo.
Notas
- ↑ Tree of Life Web Project (2005): Heteroptera. True bugs. Version do 1 de xaneiro de 2005. Acceso o 28 de xullo de 2008.
- ↑ Sorensen, J. T., B. C. Campbell, R. J. Gill & J. D. Steffen-Campbell (1995): Non-monophyly of Auchenorrhyncha ("Homoptera"), based upon 18S rDNA phylogeny: eco-evolutionary and cladistic implications with pre-Heteropteroidea Hemiptera (s.l.) and a proposal for new monophyletic suborders. Pan-Pacific Entomologist 71 (1): 31–60.
- ↑ Maddison, David R. (1995): Tree of Life Web Project – Hemiptera. True bugs, cicadas, leafhoppers, aphids, etc.. Version of January 1, 2005. Retrieved July 28, 2008.
- ↑ Cassis, Gerasimos & Gross, Gordon (1995): Australian Biological Resources Study – Hemiptera: Heteroptera (Coleorrhyncha to Cimicomorpha). Gerrids, Reduviids, Water-striders. Version of June 30, 1995. Retrieved July 28, 2008.
Véxase tamén
Bibliografía
- China, W.E.; Miller, N.C.E. (1959). Check-list and keys to the families and subfamilies of the Hemiptera-Heteroptera. Bulletin of the British Museum. Entomology 8 (London: British Museum). pp. 1–45.
Ligazóns externas
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heterópteros |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Heterópteros |
- Heteropteran Systematics Lab at University of California, Riverside http://heteroptera.ucr.edu
- Guía de identificación
- Hemiptera