Saltar ao contido

Jay Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de maio de 2016 ás 16:56 por Ah3kal (conversa | contribucións) (Desfixéronse as edicións de 152.26.212.26 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0)

Modelo:Infobox biografía Jay Adams, nado o 3 de febreiro de 1961 en Santa Monica, California, e finado o 14 de agosto de 2014 en Puerto Escondido, Oaxaca, foi un skater estadounidense, máis coñecido por ser un dos membros orixinais do equipo de skate Z-Boys. Está considerado como un dos skaters máis influentes de tódolos tempos. Xunto cos seus amigos Tony Alva e Stacy Peralta, Adams supuxo as bases da forma en que é o skate hoxe.

No filme documental Dogtown and Z-Boys nárrase a historia dos Z-Boys e a súa influencia na cultura da patinaxe. No 2005, Adams e o resto dos Z-Boys foron novamente obxecto da gravación dun filme sobre as súas vidas chamado Lords of Dogtown. Neste último, o propio Adams participou na rodaxe facendo un cameo.

Véxase tamén

Ligazóns externas