Saltar ao contido

Quino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de xullo de 2015 ás 04:15 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (en Arxentina -> na Arxentina; cambios estética)
Quino en 2004

Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, nado en Guaymallén (provincia de Mendoza), o 17 de xullo de 1932, é un humorista gráfico arxentino. A súa obra máis famosa é a tira cómica de Mafalda, publicada entre 1964 e 1973.

Biografía

Era fillo de emigrantes andaluces. Chamáronlle Quino desde pequeno para distinguilo do seu tío, o ilustrador Joaquín Tejón, que foi o que espertou nel a vocación de debuxante xa de novo. En 1945, trala morte da súa nai, empezou a estudar na Escola de Belas Artes de Mendoza. O seu pai morreu pouco despois, polo que abandonou a escola coa intención de converterse en autor de historietas cómicas. Intentou encontrar traballo nas editoriais porteñas, pero fracasou. Tras verse obrigado a facer o servizo militar, en 1954 estableceuse en Bos Aires en condicións paupérrimas.

Por fin logrou publicar a súa primeira páxina de humor no semanario Esto es. A partir de entón comezou a publicar en outros medios, como "Leoplán", TV guía, Vea y lea, Damas y damitas, Usted, Panorama, Adán, Atlántida, Che ou Democracia.

En 1954 comezou a publicar regularmente en Rico Tipo, seguindo en Tía Vicenta e Dr. Merengue. Ó pouco tempo comezou a facer debuxos publicitarios. Publicou o seu primeiro libro recompilatorio, Mundo Quino, en 1963. Logo diso encargáronlle unhas páxinas para unha campaña de publicidade, para as que creou a Mafalda. A campaña non se chegou a facer, pero gardou o personaxe. A primeira historia de Mafalda publicouse en Leoplán, e posteriormente apareceu regularmente no semanario Primera Plana. Entre 1965 e 1967 publicouse no xornal El Mundo, e axiña publicou o primeiro libro recompilatorio. Comezou a editarse en Italia, España (onde a censura obrigou a etiquetalo como "para adultos"), Portugal e outros países.

Tras abandonar a tira de Mafalda o 25 de xuño de 1973 ó ter as ideas esgotadas, transladouse a Milán, onde continuou traballando.

Temas

Os protagonistas adoitan ser xente normal facendo a súa vida, aínda que Quino non renuncia a escenas surrealistas ou alegóricas (como policías arroxando valium nas bocas abertas de manifestantes) e ás reaccións caricaturescas.

Así, aínda que Mafalda aparenta ser unha tira máis con protagonista infantil, os seus contenidos adoitan ser máis cercanos e á vez adultos que outras tiras similares. Destaca, por exemplo, a preocupación de Mafalda pola política mundial, ou a obsesión de Manolito cos cartos. Malia todo, estes personaxes aínda poden ser vistos polos lectores como nenos reais con pais reais, e non como "adultos en corpos de neno".

O humor de Quino é tipicamente ácido e mesmo cínico, afondando con frecuencia na miseria e o absurdo da condición humana, sen límites de clase. Así, fau ó lector enfrontarse á burocracia, os erros da autoridade, as institucións inútiles, e a estreitez de miras. Acostuma usar as viñetas para enviar mensaxes de contido social ós lectores. Con frecuencia, os chistes buscan o sorriso como medio de enfrontarse á crúa realidade.

Este enfoque pesimista da realidade non impide que as historias estean cheas de ternura e amosen unha fonda simpatía polas inocentes víctimas da vida (empregados, nenos, amas de casa, pensionistas, escuros artistas...), sen ocultar os seus fallos e limitacións. Pero incluso nas súas caricaturas de xefes opresivos e burócratas sen sentimentos atísbase certa simpatía, por ser á súa vez víctimas da súa propia estupidez.

A óptica de Quino é probablemente produto das vicisitudes de Arxentina nos últimos cuarenta anos. A súa mestura de pesimismo e humanismo é posiblemente unha das principais razóns do seu gran éxito en toda Latinoamérica.

Obras publicadas orixinalmente na Arxentina

Mafalda

  • Mafalda 1-10
  • Mafalda inédita
  • 10 años con Mafalda
  • Toda Mafalda
  • Mafaldita

Humor

Series de animación

  • Quinoscopios (1985), baseada nas súas ideas e debuxos.
  • Mafalda (1993), serie de 104 capítulos dun minuto de duración.

Premios

  • Palma de Oiro no Salón Internacional do Humorismo de Bordighera (1978);
  • Debuxante do Ano (1982), concedido polos seus colegas;
  • Konex de Platino das artes visuais - humor gráfico (1982 e 1992);
  • Cidadán Ilustre e chave da cidade de Mendoza (1988);
  • Gran premio internacional Max und Moritz do 3º Salón Internacional do Cómic de Erlangen (Alemaña, 1988);
  • Placa de Prata da Asociación Madrileña de Empresarios de Restaurantes e Cafeterías (1997);
  • Mestre de Arte pola Secretaría de Cultura do Goberno da Cidade de Bos Aires (1998);
  • B'nai B'rith Dereitos Humanos (1998);
  • Catedrático Honorífico do Humor pola Universidade de Alcalá de Henares (2000);
  • Quevedos de Humor Gráfico (2000);
  • Ciudadán Ilustre de Bos Aires (2004);

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazons externas

Entrevistas