Narodnik
Narodniks foi o nome dado aos revolucionarios rusos das décadas de 1860 e 1870. Eran membros das élites cultivadas da Rusia, alfabetizadas e procedentes das cidades que idealizabam o regreso á vida no campo, inspirados no romantismo e nas ideas de Rousseau. O seu movimento é coñecido como Narodnichestvo (ou Narodismo). O termo deriva da expresió rusa "Khozhdenie v narod" (Хождение в народ), "Ir con o pobo". Os narodniks surxiron en resposta aos conflictos entre os campesiños e os kulaks. Kulaks eran un termo despectivo para designar aos campesiños ricos donos de grandes extensións de terras. Os narodniks apoiaban ao campesiñado crendo firmenete que estes eran a clase revolucionaria, a única con poder real para derrocar á monarquía. Sen embargo os Narodniks tamén pensaban que o campesiñado precisaba dunha organización para guialos, crían no heroe romántico que levaría ao pobo ao triunfo da revolución.
Este movemento terminou fracasando. Os Narodniks serían confrontados cunha realidade rural moi diferente á que eles pensaban. Os Narodniks non eran moi ben recibidos polos campesiños debido á súa procedencia de clase media-alta. De feito moitos deles tiveron que aprender ruso xa que eran criados coa lingua francesa, lingua das clases altas rusas, ou con alemán. tamén tiñan que aprender as costumbres e vestir como eles.
Despois do fracaso do movemento Narodnik, parte destes intelectuais iniciarían outro chamado "Terra e liberdade" (Semlja i Wolja) em 1876. A alfabetizaçción de Rusia, irónicamente, foi unha axuda para a causa dos revolucionarios. Neste contexto foi publicado no 1872, en Rusia, O Capital, (Das Kapital) de Karl Marx.
As conclusións: novas estratexias
Un líder Narodnik, Stepnjak, escribiu en 1876 ao seu amigo Lavrov: "Non conseguimos nin sequera cambiar o pensamento de un entre 600 campesiños, menos ainda de un en 60"... "Todos recoñeceron a necesidade de unha organización... Unha revolución precisa de ser organizada".
Orlando Figes, o historiador inglés, escrebe en "A traxedia de un pobo":
O resultado foi a creación dunha estructura de partido neste mesmo ano, que estaba mais centralizado do que os círculos dos anos 60. Esta estructura recebeu o nome de Terra e Liberdade (Semlja i Wolja) e deu menos importancia á propaganda aberta para concentrarse nas actividades conspirativas clandestinas. O 6 de Dezembro de 1876 organizou a primeira manifestación pública da historia de Rusia.
A roda completara unha volta completa: depois dos métodos da revolución social, os narodniks, viraronse para os métodos xacobitas de conspiración, terror e golpe de Estado no nome do pobo. Os escritos de Piotr Tkatchov marcan este cambio.
Segundo Orlando Figes, nos últimos 20 anos do réxime dos Zares, mais de 17.000 persoas foron matadas ou feridas por terroristas.
-
O Zar Alexandre II gobernou de 1855 a 1881.
-
URSS,1930. A pancarta di: Nos, labregos do kolkhoz, estamos acabando cos kulaks como clase, sobre as bases dunha completa colectivización.
-
Mikhail Bakunin, revolucionario ruso que exerceu grande influencia nos Narodniks.