Belize
{{País | nome_oficial = Belize
| nome_común = Belize
| de = de
| nome_curto = Belice
| imaxe_bandeira = Flag of Belize.svg
| imaxe_escudo =Coat_of_arms_of_Belize.svg
| imaxe_escudo_tamaño = 100px
| símbolos =
| imaxe_mapa = LocationBelize.svg
| lema_nacional = Sub umbra floreo
(Galego: «Baixo a sombra eu florezo»)
| himno_nacional = Land of the Free
| capital = Belmopán
| capital_poboación = 13.400 (2005)
| capital_coor_fmt =
| capital_coor = 17_15_N_88_46_Ou_ 17°15? N 88°46? E
| cidade_principal = Cidade de Belice
| idiomas_oficiais = Inglés
|goberno = Democracia parlamentaria
| dirixentes_títulos = Xefe de Estado
Gobernador Xeral
Primeiro Ministro
| dirixentes_nomes = Raíña Isabel II
Sir Colville Young
Dean Barrow
| fundación = Independencia
| fundación_fitos =
| fundación_datas = Do Reino Unido
21 de setembro de 1981
| superficie = 22.966
| superficie_posto = 151
| superficie_auga = 0,7 %
| fronteiras = 516 km
| costas = 386 km
| poboación = 320.000 (2008 est[1].)
| poboación_posto = 170
| poboación_densidade = 13
| PIB = US$ 2 399 millóns[1]
| PIB_ano = 2008
| PIB_posto = 166
| PIB_per_cápita = US$ 7.635
| IDH = 0.753
| IDH_ano = 2003
| IDH_posto = 91
| IDH_categoría = medio
| moeda = Dólar (BZD)
| xentilicio = Belizense
| horario = UTC-6
| horario_verán = UTC-6
| cctld = .bz
| código_telefónico = 501
| prefixo_radiofónico = V3A-V3Z
| código_ISO = 084 / BLZ / BZ
| membro_de = ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM
}
Belize é un pequeno país en América Central, ribeirego do mar Caribe, que colinda con México ao norte e Guatemala ao oeste e ao sur. Está separada de Honduras polo golfo do mesmo nome ao leste, cunha distancia de 75 quilómetros no punto máis próximo entre as dúas nacións. Belice era anteriormente coñecida como Honduras Británica e o nome coloquial procede da Cidade de Belice (Belice City) e do río Belice. Cidade de Belice é a cidade máis grande do país, o porto principal e a súa antiga capital.
Etimoloxía
Algúns supoñen que a palabra "Belice" ten unha remota etimoloxía maia, outros atribúen o topónimo á importancia que cobrou no territorio un filibustero británico de apelido Wallis, o máis corroborable é que os mapas españois chamaban á zona A Baliza ou Baliza, moi probablemente por existir varias nas costas onde abundan os arrecifes e escollos.
Xeografía
O norte de Belice consiste principalmente de chairas costeiras planas e pantanosas, densamente forestadas nalgúns lugares. Cara ao sur atópase a cadea montañosa baixa das Montañas Maya, das cales o punto máis alto en Belice é o Pico Vitoria a 1.120 metros de altura. Belice atópase situada entre os ríos Hondo e Sarstoon, co río de Belice fluíndo no centro do país. Ao longo de toda a costa caribeña atópanse arrecifes de coral. Belice é o fogar da barreira de coral máis longa do hemisferio occidental e o segundo máis longo no mundo logo da gran barreira de coral.
O clima local é tropical e normalmente moi cálido e húmido. A tempada chuviosa dura desde maio ata novembro durante a cal perigos naturais como furacáns e inundacións son comúns.
Historia
Belice foi parte do Imperio Maia que se extendia do sur de México ata Guatemala.
Os primeiros europeos que ingresaron no que hoxe é Belice foron españois, seguidos de leñadores ingleses. Estes chegaron no ano 1638. Xa no ano 1524 este territorio formaba parte do reino de Guatemala como parte da provincia da Verapaz, os piratas lograron penetrar nas selvas, enfrontándose aos indíxenas guatemaltecos que habitaban esas terras.
Aparte destes leñadores, piratas adoitaban parar nas illas e a costa do país. Foron eles quen introduciron africanos nesa rexión, como escravos. Os piratas ingleses e os escravos que traían, usaban as costas de Belice como base para posteriormente asaltar barcos españois. En 1821, ano da independencia da América central, o territorio pasou xuridicamente á soberania das Provincias Unidas de Centro América pero na práctica Inglaterra ostentaba a soberanía. No ano 1670 o Tratado de Madrid puxo un alto á piratería, e os piratas, xa coñecidos como Baymen, dedicáronse a novos oficios. Guatemala asinou un tratado con Inglaterra para a cesión destes territorios, tratado irrespetado por Inglaterra que quedou sen efecto coa independencia de Belice. Guatemala recoñeceu a independencia en 1923 pero aínda considera partes de Belice como territorio propio.
En 1840 a rexión chegou a ser colonia inglesa e denominouse Honduras Británica ("British Honduras").
O 21 de setembro de 1981 consumouse a independencia de Belice por parte de Reino Unido.
Política
Os primeiros grupos políticos en Belice comezaron desde 1950 cando foi iniciado o PUP (People United Party). Este tenia como líderes a George Cadle Price, Leigh Richardson, e Phillip S.W. Goldson, homes que serían recoñecidos como líderes da independencia e heroes nacionais.
Hoxe os dous partidos políticos maioritarios son o PUP e o UDP (United Democratic Party). O PUP esta en control desde a última elección en 1998. O Primeiro Ministro do país é Said Musa.
Organización político-administrativa
Belice está dividido en seis distritos:
- Distrito de Belice
- Distrito de Cayo
- Distrito de Corozal
- Distrito de Orange Walk
- Distrito de Stann Creek
- Distrito de Toledo
Economía
- Artigo principal: Economía de Belice.
Exportacións: domésticas, azucre, produtos de xardinería, mollos concentrados de laranxa e toronja, produtos do mar, bananos e reexportaciones.
Importacións: A principios da década dos oitenta, as exportacións anuais ascendían a 28,6 millóns de dólares e o custo das importacións a 545,3 millóns.
Industria: As grandes manufacturas elaboran alimentos, produtos da madeira e confección. O desenvolvemento turístico do país é moi recente e esta fundamentalmente baseado na beleza incomparable das súas costas, practicamente virxes e no feito de formar parte do circuíto maya menos coñecido, pero non por isto de menor interese arqueolóxico e turístico. Podemos citar O Caracol, Lamanai, Altún Ha, Cahal Pech, Xunantunich, etc.
Agricultura: O principal recurso económico é a agricultura, aínda que só unha pequena parte do territorio é cultivable.
Pesca: Transporte: Unha rede de estradas de 3.000 km enlaza os grandes centros urbanos, pero algunhas áreas quedan inaccesibles. A Cidade de Belice conta cun aeroporto internacional.
Demografía
O inglés é a lingua oficial de Belice (o país foi unha colonia británica). Pero a maioría dos belicenses utiliza o español, a lingua materna dos mestizos e inmigrantes centroamericanos. Estímase o número de falantes entre un 40% e o 45% do total.
Mirando cara ao autóctono, a maioría dos belicenses utilizan un idioma crioulo máis familiar, influído polo español e inglés, que é un piyin belicense. Outras minorías lingüísticas do país confórmanas o garifuna e o holandés-alemán.
Idiomas en Belice (acorde ao Censo do 2000) | Idioma | Falantes maternos | Porcentaxe | Usuarios actuais | Porcentaxe |
Alemán | 6.783 | (3,3%) | 6.624 | (3,2%) | |
---|---|---|---|---|---|
Chinés | 1.607 | (0,8%) | 1.529 | (0,7%) | |
Crioulo | 67.527 | (32,9%) | 75.822 | (37,0%) | |
Español | 94.422 | (46,0%) | 88.121 | (43,0%) | |
Inglés | 7.946 | (3,9%) | 11.551 | (5,6%) | |
Garifuna | 6.929 | (3,4%) | 4.071 | (2,0%) | |
Hindi | 280 | (0,1%) | 193 | (0,1%) | |
Maia Kekchi | 10.142 | (4,9%) | 9.314 | (4,5%) | |
Maia Mopán | 6.909 | (3,4%) | 6.093 | (3,0%) | |
Maia Iucateco | 1.176 | (0,6%) | 613 | (0,3%) | |
Outros / sen resposta | 1.402 | (0,7%) | 1.192 | (0,6%) |
Segundo o censo realizado en 2003, Belice presenta un 46,4% de habitantes mestizos (descendentes de fillos de Maias e Europeos), un 27,7% de descendentes de africanos negros e mulatos (descendentes de fillos de africanos negros e europeos), un 10% de indíxenas maias e un 6,4% formado polos chamados garifunas (descendentes de fillos de africanos negros e maias), o 7,8% da poboación constitúeno a xente branca de ascendencia británica e española.
O que resta da poboación confórmano pequenas comunidades europeas, hindús, estadounidenses, chinesas e doutras nacionalidades do Extremo Oriente.
Cultura
Os maias construíron impresionantes templos seguindo o movemento dos corpos celestes. Aínda que tecnicamente tratásese dunha cultura da Idade de Pedra, tamén desenvolveron sofisticados sistemas matemáticos e astronómicos ademais de calendarios para medir o tempo. Os españois edificaron sobrias igrexas de pedra, pero a arquitectura moderna baséase no estilo británico caribeño.
O idioma oficial de Belice é o inglés, pero os crioulos (o grupo étnico máis nutrido) falan xunto a este o seu propio dialecto. O español é a lingua máis utilizada no Norte e nalgúns pobos occidentais. Así mesmo existen minorías que se expresan en maya, chinés, alemán mennonita, libanés, árabe, hindi e garifuna (o idioma dos garinagu do distrito de Stann Creek).
A maioría da poboación profesa o catolicismo, e a influencia británica achegou unha considerable e variada congregación protestante, incluíndo mennonitas alemáns e suízos. A práctica maya do catolicismo caracterízase por unha fusión de chamanismo-animismo e rituais cristiáns.
Belice non desenvolveu nunca unha verdadeira cociña nacional. A súa gastronomía inspirouse na británica, estadounidense, mexicana e caribeña. Os seus ingredientes básicos son o arroz e as fabas, consumidos a miúdo con polo, porco, tenreira, peixe ou verdura; o leite de coco e os plátanos fritos engaden aos pratos un sabor genuinamente tropical. As receitas exóticas tradicionais inclúen a carne de armadillo, venado e paca frita, un roedor de cor pardo similar a un conejillo de indias.
Deporte
Nas tres participacións de Belice nos Xogos Olímpicos o país non logrou ningunha medalla.
A Selección de fútbol de Belice é controlada polo Federación de Fútbol, pertencente á CONCACAF.