G20
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Adorian (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 11 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
O Grupo dos 20, coñecido habitualmente como G20 ou G-20, é un foro de 19 estados, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón (G-7), máis Rusia (G8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, así como a Unión Europea. Dende 2009, o G20 desprazou ao G8 e ao G8+5 como foro de discusión da economía mundial.[1]
Función
É un foro de cooperación e consultas entre os países en temas relacionados co sistema financeiro internacional. Estuda, revisa e promove discusións sobre temas relacionados cos países industrializados e as economías emerxentes, co obxectivo de manter a estabilidade financeira internacional, e de encargarse de temas que estean máis aló do ámbito de acción doutras organizacións de menor xerarquía.
Historia
O Grupo dos Vinte (G20) de Ministros de Finanzas e Gobernadores de bancos centrais estabeleceuse en 1999, para reunir ás economías industrializadas e en desenvolvemento máis relevantes e debater cuestións crave na economía mundial. A conferencia inaugural do G20 levouse a cabo en Berlín do 15 ao 16 de decembro de 1999, organizada polos ministros de finanzas de Alemaña e Canadá.[2]
A Cume de Washington celebrada o 15 de novembro de 2008 na capital estadounidense, é considerada como unha das reunións máis importantes do G20, xa que tratou da reforma do sistema financeiro mundial. Foi proposta pola Unión Europea e organizada por Estados Unidos. O 2 de abril de 2009 celebrouse a chamada Cume de Londres. En setembro de 2009 tivo lugar a reunión de Pittsburg, Estados Unidos, onde formalmente decidiuse que o G-20 substituíse ao G8 ou ao G8+5 de aí en diante, no concernente aos plans de desenvolvemento mundial en conxunto.
Notas
- ↑ Cibeira, Fernando (26 de setembro de 2009). Página 12, ed. "Bienvenidos al club" (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ G20. G20.org, ed. "What is the G20" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2013.