Doha
Doha (en árabe: الدوحة, transl. ad-Dawḥa ou ad-Doha, literalmente "a árbore grande") é a capital de Qatar. Está situada sobre a costa do golfo Pérsico, levantada nunha baía de 7 km de longo. Administrativamente pertence á subdivisión de Ad-Dawhah. Actualmente é a sede das instalacións da cadea de télevisión Al-Jezira.
Historia
A cidade foi du fundada en 1850 con o nome de Al-Bida'a. En 1916 cesou o protectorado británico e a cidade pasou a estar rexida polas autoridade de Qatar. En decembro de 2006, Doha acolleu os Xogos asiáticos e é candidata para os Xogos Olímpicos de verán a celebrar no 2016.
Poboación
Estimábase que Doha contaba cuns 400.000 habitantes en 2005. É a cidade meirande de Qatar, e concentra un 80% da poboación residente total.
Economía
Doha é o centro económico do país. Na cidade celébranse as conferencias ministeriais do Ciclo de Doha sob a éxida da OMC. As industrias principais baséanse no gas, o petroleo e a pesca. O turismo é un sector económico en medramento en Doha: no medio da baía está en construción un arquipélago artificial dedicado enteiramente ao turismo, bautizado como: The Pearl.
Transportes
Doha posúe un aeroporto internacional, un porto, bos hoteis e variadas infrastruturas deportivas. No que respeita ás comunicacións terrestres a principal compañía de transporte é a sociedade Karwa, creada en 2005, que puxo en marcha liñas de autobuses e que xestiona os taxis.
Ensino
Perto de Doha atópase « Education City », zona consagrada á investigación científica e á educación.
Irmandamentos
- Amman, Xordania (dende 1995)
- Beijing, China (dende 2008)
- Bosaso, Somalia (dende 1994)
- Brasilia, Brasil
- Houston, Texas
- Manama, Bahrain
- Marbella, España
- Port Louis, Mauricio
- Modelo:RUb Stratford-upon-Avon, Inglaterra
- Tunes, Tunisia
- Alxer, Alxeria
- Tirana, Albania
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Doha |