Saltar ao contido

Veo de manivelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de xuño de 2012 ás 17:45 por BotDHojalata (conversa | contribucións) (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
O veo de manivelas, illada, cos moentes da biela (onde se liga a biela) a destacado.
Veo de manivelas (vermello), pistóns (gris) nos seus cilindros (azul) e volante de inercia (negro)

O veo de manivelas é o eixo dunha máquina, que recolle o movemento transmitido polas bielas e o cede á unha transmisión ou carga. Ten forma de eixo con cóbados e contrapesos que, aplicando o principio do mecanismo de biela - manivela, transforma o movemento rectilíneo alternativo en rotatorio e viceversa.

O veo de manivelas é unha parte esencial nos motores alternativos, nos cales o movemento lineal dos pistóns dentro dos cilindros se transmite ás bielas e se transforma nun movemento rotatorio do eixo que, á súa vez, se transmite ás rodas e outros elementos coma un volante de inercia. O veo de manivelas é un elemento estrutural do motor.

Normalmente fabrícanse de aliaxes capaces de soportar os esforzos aos que se ven sometidos e poden ter perforacións e condutos para o paso de lubricante. Hai diferentes tipos de veos de manivelas; existen de tres apoios, de cinco apoios, etc., dependendo do número de cilindros que teña o motor.






Véxase tamén