Saltar ao contido

Boeing 717

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de maio de 2011 ás 09:03 por Servando2 (conversa | contribucións) (arranxiños)
Boeing 717
Tipopasaxeiros
FabricanteBoeing
Deseñado porMcDonnell Douglas
Primeiro voo2 de setembro de 1998
Unidades construídas156

O Boeing 717 é un avión de pasaxeiros bimotor deseñado e comercializado por McDonnell Douglas como MD-95, un aparello de terceira xeración derivado do DC-9. Ten unha capacidade máxima de 117 pasaxeiros e un máximo alcance de 3.820 quilómetros.

O primeiro pedido tivo lugar en outubro de 1995 e McDonnell Douglas e Boeing fusionáronse en 1997, antes de que comezase a súa produción. O primeiro voo realizouse o 2 de setembro de 1998 e entrou en servizo en 1999 xa co nome de Boeing 717. A súa fabricación rematou en maio do 2006, despois de que se construísen 156 exemplares.