Saltar ao contido

Reino de Alxeciras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de maio de 2010 ás 22:26 por Xandrwijk (conversa | contribucións) (Nova páxina: "O '''reino de Alxeciras''' aparece tras a anexión en 1344 do reino meriní de Alxeciras á Coroa de Castela por parte de Afonso XI. Desde ese momento o título de "rei de Alxeciras"...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O reino de Alxeciras aparece tras a anexión en 1344 do reino meriní de Alxeciras á Coroa de Castela por parte de Afonso XI. Desde ese momento o título de "rei de Alxeciras" figurou entre os títulos dos monarcas casteláns, e até a actualidade faio entre os títulos da Coroa de España . Con todo tras a morte de Afonso XI mentres cercaba Xibraltar en 1350, grazas ao enfraquecemento que sufría a Coroa de Castela polas loitas dinásticas que sufría, Muhammed V de Granada puido cercar e reconquistar a cidade en 1369. O rei nazarí reconstruíu as súas murallas e repoboouna, pero en 1379 comprendendo que Castela xa se repuxo das súas loitas internas e que non podería conservar a cidade moito tempo, preferiu destruíla a que volvese a mans castelás. Tras a destrución de Alxeciras o territorio do seu antigo reino pasou a pertencer sucesivamente a Tarifa, a Jerez de la Frontera e finalmente a Xibraltar, tras a súa conquista definitiva en 1462.