Saltar ao contido

Trinquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de decembro de 2008 ás 16:00 por Adorian (conversa | contribucións) (Nova páxina: O '''Trinquet''' é o recinto no que se xoga á pelota valenciana. Enténdese que é o específico da Escala i corda e do Repall, as dúas modalidades profesionais, pero os...)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Trinquet é o recinto no que se xoga á pelota valenciana. Enténdese que é o específico da Escala i corda e do Repall, as dúas modalidades profesionais, pero os frares castellonencos, as galotxetes de Monòver, e o trinquet do Abdet (de 1772), tamén reciben o nome de trinquets a pesar de seren diferentes.

O trinquet de Pedreguer preparado para xogar á Escala i corda

El recinte

É unha pista pechada de forma rectangular e tamaño variábel, aínda que esta oscila aproximadamente entre os 8,5 e 11 m de ancho e de 45 a 60 m de longo. Tódalas paredes están pintadas de branco para contrastar co negro da pelota de vaqueta.

As paredes máis longas, denominadas muralles, están marcadas por unhas raias verticais (os blaus) numeradas do cero ao dez. Estes blaus (azuis) non teñen hoxe en día ningunha función, pero nas modalidades antigas a ratlles aproveitábanse como fitos onde se producía a raia (véxase Llargues).

As paredes máis curtas, situadas ás costas de quen fai o dau e do equipo que fere (saque), chámanse frontóns. Teñen unha alzada de entre 4 e 6 metros. A pelota que pega nos frontóns poderá ser xogada de rexeite, pero sen que pegue un segundo bote.

Por riba dos frontóns adoitan estar as galerías, unha especie de palco con chanzos para o público. Ademais das galerías tamén pódese sentar nas llotgetes, que tanto a de arriba como na de baixo, son un espazo reducido normalmente reservado para seareiros experimentados, xa que a pelota chega a miúdo e, por tanto, é un lugar perigoso. As llotgetes fan esquina ao frontón do dau coa muralla da dereita.

As escaleiras son catro chanzos situados na muralla da esquerda do dau. Entre todos a alzada chega aos 2 m, o primeiro deles, o que se levanta da terra, é un pouco máis elevado que os outros, recibe o nome de careta. No Raspall toda a pelota que chega ás escaleiras considérase inmediatamente parada, o que significa que se detén o xogo e se raspa a pelota dende o centro da pista á altura onde se parou. Na Escala i corda a pelota pode rodar ou botar polas escaleiras e só estará parada cando o público, estático, impida o seu movemento, entón farase la caiguda d'escala (a caída da escaleira).

Nas partidas de Escala i corda colócase unha corda a 1,80 m de alzada no medio do trinquet, que o divide en dúas metades: a do dau e a do rest. Esta corda, por riba da cal debe pasar a pelota, adoita ter unha pequena rede para facilitar a visión e unhas campaniñas que avisan cando a pelota tocou a corda, situación que é falta.

Baixo a corda, e a ras da escaleira, hai unha laxa de cor diferente ás outras (ou un círculo) que recibe o nome de llosa ou pedra. Marca o punto onde o feridor (xogador que saca) debe botar a pelota para ferir (sacar).

Tamén na Escala i corda é fundamental o dau, un cadrado de arredor de 3 m pintado á terra sito na esquina das escaleiras co frontón. Ao comezo de cada quinze (xogada da pelota valenciana) o feridor deberá tirar a pelota despois de que esta bote a certa alzada da muralla, se non cae dentro é falta, a esta xogada díselle ferir.

Rematando os ángulos dos frontóns coa terra hai o tamborí, un bisel duns 45º, que se considera aire, é dicir, non se conta o bote que a pelota faga. Os "tamborins" engaden un elemento imprevisto ao percorrido da pelota, posto que pode botar e levantar o voo facilitando a xogada, ou pegar ás xuntas e caer rápida e recta á terra sen dar tempo de reacción.


O público

Unha das características da pelota valenciana é a proximidade do público ao xogo, mesmo pudendo estar no medio. Os seareiros poden escoller, cando entran ao trinquet, onde sentar. Os máis prudentes poderán ver a partida desde as galeries e os máis valentes poderán sentar nas llotgetes.

Na modalidade de Escala i corda unha cantidade mínima pero selecta poderá sentar tamén baixo a corda (1,80 m de alzada) que divide a cancha en dúas metades. Pero a meirande parte do público senta nas escaleiras.

No Raspall o público sabe que os pilotaris non van voar a pelota e séntense seguros. Así pois senta todo ao longo das escaleiras. Na Escala i corda, porén, só está permitido sentar na metade das escaleiras correspondente ao rest.


Trinquets de denominada

Tódolos trinquets son diferentes: Tanto nas medidas, coma no material de construción das paredes ou a terra, como na forma das llotgetes ou a alzada das galerías. Así pois, cada un ten unhas características que o fan único que facilitan ou entorpecen o estilo de cada pilotari. Por exemplo, dun trinquet pódese dicir que é mentider (mentireiro) cando as paredes son rugosas e os rebotes saen irregularmente, ou se pode dicir que é un trinquet reboter cando é curto e as pelotas chegan facilmente aos frontóns.

Por tanto, ao longo do tempo e das partidas os afeccionados e os propios xogadores foron escollendo e denominando os seus trinquets preferidos. De entre os máis destacados hai o Trinquet de Pelayo em València, onde actualmente se disputan as partidas mais importantes de Escala i corda, ou o Trinquet el Zurdo de Gandía, coñecido como a Catedral do Raspall. O trinquet máis antigo en pé é o Trinquet do Abdet, construído no 1772. É unha supervivente doutros tempos, co que é especial tanto nas medidas (moito máis reducidas) como pola modalidade (Pelota grosa), unha clase de Llargues en trinquet.


Retransmisións televisivas

Cuando Canal 9 (e actualmente Punt 2) comezou a retransmitir partidas de pelota valenciana en trinquet atopouse co problema de como visualizar en todo momento unha pelota rapidísima de poucos centímetros de medida nun espacio pechado de case 60 m de longo, co engadido de que hai público no medio.

Unha retransmisión normal conta con 4 cámaras: unha elevada na llotgeta do dau e dúas baixo a corda (cando se xoga a escala i corda), todas elas protexidas por un voluntario que las escuda cunha madeira por se a pelota de vaqueta impacta; para los planos xerais adoita haber unha cámara na galería do dau ou do rest. En caso de que la partida sexa de Raspall as cámaras baixo a corda son substituídas por outras na escaleira, entre o público.

Véxase tamén

Ligazóns externas