Restaurante: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Reemplazos con Replacer: «servicios» |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
Unha forma particular da actividade de restauración está constituída polo servizo a colectividades. Neste caso, no canto de servir comidas a todo tipo de clientes particulares, o establecemento dedícase a preparar comidas preparadas destinadas a conxuntos de persoas [[consumidor]]as cunhas características comúns, como alumnos dun [[colexio]], empregados dunha [[empresa]], pacientes dun [[hospital]] ou dunha [[residencia]], usuarios dun [[medio de transporte]], internos dun [[Centro penitenciario|presidio]], etc. Neste caso, o consumo faise sempre en instalacións alleas ó establecemento que elabora as comidas. |

Aínda que moitas veces teñen uns |
Aínda que moitas veces teñen uns servizos en todo semellantes, a lexislación diferencia e esixe requisitos diferentes a restaurantes e [[furancho]]s ou ''loureiros'', que son (ou deberían ser) locais de tempada (entre febreiro e maio), xeralmente habilitados nunha [[adega (industria)|adega]] particular, para vender os excedentes do [[viño]] que o propietario elabora para o seu consumo particular, xunto cunha carta reducida de [[tapa]]s que lle sirvan de acompañamento. |
||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2024 ás 18:23
Un restaurante é un establecemento onde se elaboran e serven comidas preparadas, para o seu consumo no mesmo establecemento, a cambio do pago do servizo polos clientes. Pode tratarse dun local permanente ou temporal e admite distintas formas de organización; tamén é posible que sirva as comidas para ser consumidas no domicilio do cliente.
Cobre unha gran variedade de modalidades de servizo e tipos de cociña. Existen diferentes tipos de restaurantes dependendo do tipo de comida na que se especializan (marisquerías, churrasquerías, arrocerías etc.) ou da cociña que elaboren (restaurantes de comida chinesa, italiana, india etc.).
Unha forma particular da actividade de restauración está constituída polo servizo a colectividades. Neste caso, no canto de servir comidas a todo tipo de clientes particulares, o establecemento dedícase a preparar comidas preparadas destinadas a conxuntos de persoas consumidoras cunhas características comúns, como alumnos dun colexio, empregados dunha empresa, pacientes dun hospital ou dunha residencia, usuarios dun medio de transporte, internos dun presidio, etc. Neste caso, o consumo faise sempre en instalacións alleas ó establecemento que elabora as comidas.
Aínda que moitas veces teñen uns servizos en todo semellantes, a lexislación diferencia e esixe requisitos diferentes a restaurantes e furanchos ou loureiros, que son (ou deberían ser) locais de tempada (entre febreiro e maio), xeralmente habilitados nunha adega particular, para vender os excedentes do viño que o propietario elabora para o seu consumo particular, xunto cunha carta reducida de tapas que lle sirvan de acompañamento.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Restaurante |
Bibliografía
- Real Decreto 3484/2000, de 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, de 12.01.2001) [1].
- Derrogado por Real Decreto 1021/2022, de 13 de decembro (BOE nº 305, de 21.12.2022 [2].
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|