Saltar ao contido

Heterópteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Taxobox
{{Taxobox
| image = Wasserläufer bei der Paarung crop.jpg
| image = Wasserläufer bei der Paarung crop.jpg
| image_caption = Barisus cercius
| image_caption = ''Barisus cercius''
| image_width =250px
| image_width =250px
| regnum = [[Animalia]]
| regnum = [[Animalia]]

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2019 ás 18:58

Os heterópteros (Heteroptera) son un grupo de insectos que comprende unhas 40.000 especies pertencentes á orde Hemiptera.[1] O termo "Heteroptera" procede do grego e significa "ás diferentes", xa que a maioría das especies teñen un par de ás anteriores con porcións membranosas e porcións endurecidas, chamadas hemélitros; os membros do grupo máis primitivo dos Enicocephalomorpha teñen ás completamente membranosas.

O nome "Heteroptera" utilízase en dous sentidos diferentes nas modernas clasificacións. Na nomenclatura lineana aparecen xeralmente como unha suborde dentro da orde Hemiptera, onde poden ser parafiléticos ou monofiléticos dependendo da delimitación que se faga. En nomenclatura filoxenética úsase como un clado sen categorizar dentro do clado Prosorrhyncha, o cal á súa vez está no clado Hemiptera. Este resultado procede de que se considera que os Coleorrhyncha son simplemente "fósiles viventes" emparentados cos tradicionais Heteroptera, e están próximos dabondo a eles como para incluílos nese grupo.

Os Gerromorpha e Nepomorpha comprenden a maioría dos membros acuáticos e semiacuáticos dos heterópteros, mentres que case todos os grupos restantes que son comúns e popularmente coñecidos están dentro dos Cimicomorpha e Pentatomomorpha.

Clasificación

Anatomía dun Pentatomoidea. A: cabeza; B: tórax; C: abdome. 1: garras; 2: tarso; 3: tibia; 4: fémur; 8: ollo composto; 9: antena; 10: clípeo; 23: lateroterxitos; 25: pronoto; 26: escutelo; 27: clavus; 28: corium; 29: embolium; 30: membrana.

O nome "Heteroptera" tivo antes a categoría de orde, e o seu uso remóntase a 1810, autoría de Latreille. Só recentemente foi relegado a unha categoría subsidiaria dentro dunha definición máis ampla de Hemiptera, polo que moitos libros de referencia aínda o inclúen como unha orde. Se debe seguir ou non tratándose como unha suborde é aínda un asunto debatido, como tamén o é se o propio nome debería ser utilizado. Hai tres enfoques básicos que van desde abolir o nome completamente a manter a taxonomía cun lixeiro cambio na sistemática, e dúas das propostas (pero non a tradicional) concordan coa filoxenia. As clasificacións en competencia requiren ter preferencia por usar dúas subordes fronte a unha cando se ten en consideración a familia de "fósiles viventes" Peloridiidae.

Nunha clasificación revisada proposta en 1995,[2] o nome da suborde é Prosorrhyncha, e Heteroptera é un grupo non categorizado que está dentro dela. A única diferenza entre Heteroptera e Prosorrhyncha é que este último inclúe a familia Peloridiidae, a cal é un pequeno grupo relictual que é de seu unha superfamilia e infraorde monotípicas. Noutras palabras, os Heteroptera e Prosorrhyncha sensu Sorensen et al. son idénticos excepto en que os Prosorrhyncha conteñen unha infraorde adicional, chamada Peloridiomorpha (que comprende só 13 pequenos xéneros). O conflito actual entre as clasificacións linneanas tradicionais e as clasificacións non tradicionais exemplifícase polo problema inherente a continuar usando o nome Heteroptera cando xa non pode axustarse a ningunha categoría linneana estándar (xa que queda por debaixo da suborde pero por encima da infraorde). Se esta clasificación ten éxito, entón o grupo dos "Heteroptera" deberá desbotarse, pero nese caso é probable que non se use ningunha categoría en absoluto segundo os estándares da nomenclatura filoxenética.

Na clasificación tradicional,[3] os Peloridiidae mantéñense como unha suborde propia, chamada Coleorrhyncha; "Heteroptera" é tratado igual. Funcionalmente, a única diferenza entre esta clasificación e a precedente é que a anterior usa o nome Prosorrhyncha para referirse a un determinado clado, mentres que o enfoque tradicional divide este nos Heteroptera parafiléticos e os Coleorrhyncha monofiléticos. Moitos opinan que é preferible usar só un nome porque as características das dúas subordes tradicionais están demasiado emparentadas como para ser tratadas por separado.

Ninfa de Zelus sp.

Alternativamente,[4] pode utilizarse o enfoque modificado de situar Coleorrhyncha 'dentro' de Heteroptera. De feito, como esta solución conserva os ben coñecidos Heteroptera como categoría taxonómica mantense tradicionalmente, mentres que facelo un grupo consistentemente monofilético parece preferible ao grupo "Heteroptera" parafilético usado en obras máis vellas. Neste caso, o grupo Heteroptera "nuclear" ("core") podería considerarse unha sección, aínda que polo momento non se lle deu nome, principalmente porque os Prosorrhyncha foron propostos antes, dentro dos Heteroptera "expandidos", ou este último podería simplemente describirse constando só dunha liñaxe basal de "fósiles viventes" e unha radiación principal máis apomórfica. Se o nome "Coleorrhyncha" se mantén para a liñaxe basal ou se se usa o máis consistente "Peloridiomorpha" no seu lugar é cuestión de gustos, como se describe máis abaixo.

Á parte da cuestión da "proximidade" de Heteroptera e Coleorrhyncha está tamén a potencial alteración do modo de construción tradicional dos nomes; parece haber reticencias entre os hemipterólogos a abnadonar o uso de "Heteroptera". Isto pode entenderse pola propia forma do nome, xa que é unha violación da convención de usar a terminación "-ptera" para calquera categoría por riba do xénero distinta da orde, aínda que como é unha convención e non unha regra obrigatoria da nomenclatura linneana, os taxónomos teñen tecnicamente a liberdade de poder violala (o cal explica por que, por exemplo non todas as ordes de insectos acaban en "-ptera", como no caso de Odonata). Porén, na maioría dos casos cando se violan tales convencións, non se crea un conflito interno como no presente caso (é dicir, a orde Hemiptera ten unha suborde chamada Heteroptera, o cal é un conflito interno). Polo menos algúns hemipterólogos argumentan que o nome Heteroptera debería descartarse por completo para eliminar este conflito interno, aínda que a terceira posibilidade ofrece un rodeo alternativo da cuestión. Nese caso, para conseguir unha total consistencia dos nomes, "Coleorrhyncha" sería probablemente descartado en favor de "Peloridiomorpha".

A continuación un cladograma baseado en Sorensen et al.:

Hemiptera

Sternorrhyncha

Euhemiptera

Clypeorrhyncha

Neohemiptera

Archaeorrhyncha

Prosorrhyncha

Peloridiomorpha

Heteroptera

Como se explicou anteriormente, a partir deste cladograma, propuxéronse dúas clasificacións distintas:

  • Clasificación nunha suborde (Prosorrhyncha): Peloridiomorpha + Heteroptera forman unha suborde dentro da orde Hemiptera, denominado Prosorrhyncha; os Heteroptera quedan como un clado sen categoría taxonómica, situado entre a suborde e a infraorde. Se esta clasificación acaba impoñéndose, o nome Heteroptera deixará de usarse nun futuro próximo.
  • Clasificación en dúas subordes (Coleorrhyncha e Heteroptera): Peloridiomorpha ten categoría de suborde pero co nome Coleorrhyncha, de maneira que Heteroptera queda con igual rango (suborde); Prosorrhyncha queda como un clado sen rango taxonómico entre a orde e a suborde.

Taxonomía

Os heterópteros subdivídense en sete infraordes e numerosas familias (nesta clasificación non se inclúen os Peloridiomorpha):[1]

Infraorde Enicocephalomorpha

Infraorde Dipsocomorpha

Infraorde Gerromorpha

Infraorde Nepomorpha

Infraorde Leptopomorpha

Infraorde Pentatomomorpha

Infraorde Cimicomorpha

Notas

  1. 1,0 1,1 Tree of Life Web Project (2005): Heteroptera. True bugs. Version do 1 de xaneiro de 2005. Acceso o 28 de xullo de 2008.
  2. Sorensen, J. T., B. C. Campbell, R. J. Gill & J. D. Steffen-Campbell (1995): Non-monophyly of Auchenorrhyncha ("Homoptera"), based upon 18S rDNA phylogeny: eco-evolutionary and cladistic implications with pre-Heteropteroidea Hemiptera (s.l.) and a proposal for new monophyletic suborders. Pan-Pacific Entomologist 71 (1): 31–60.
  3. Maddison, David R. (1995): Tree of Life Web ProjectHemiptera. True bugs, cicadas, leafhoppers, aphids, etc.. Version of January 1, 2005. Retrieved July 28, 2008.
  4. Cassis, Gerasimos & Gross, Gordon (1995): Australian Biological Resources Study – Hemiptera: Heteroptera (Coleorrhyncha to Cimicomorpha). Gerrids, Reduviids, Water-striders[Ligazón morta]. Version of June 30, 1995. Retrieved July 28, 2008.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas