Saltar ao contido

Eduard von der Ropp: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Bispos da Igrexa Católica Latina" pola categoría "Bispos da Igrexa católica latina"
Liña 47: Liña 47:


{{ORDENAR:Ropp, Eduard}}
{{ORDENAR:Ropp, Eduard}}

[[Categoría:Nados en 1851]]
[[Categoría:Nados en 1851]]
[[Categoría:Nados en Letonia]]
[[Categoría:Nados en Letonia]]
[[Categoría:Bispos da Igrexa Católica Latina]]
[[Categoría:Bispos da Igrexa católica latina]]
[[Categoría:Bispos católicos de Belarús]]
[[Categoría:Bispos católicos de Belarús]]
[[Categoría:Bispos católicos de Lituania]]
[[Categoría:Bispos católicos de Lituania]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2018 ás 21:26

Modelo:Eclesiástico Eduard Michael Johann Maria von der Ropp , nado o 15 de decembro de 1851 en Līksna (Imperio Ruso, hoxe Letonia) e finado o 25 de xullo de 1939 en Poznań (Polonia), foi un arcebispo da Igrexa Católica Latina alemán báltico, comes romanus e asistente ao Trono Pontificio, bispo de Vilnius entre 1903 e 1917, e posteriormente arcebispo de Mahilioŭ até o seu pasamento.

Traxectoria

Foi bautizado na Igrexa católica á que pertencía a súa nai, a condesa Isabella de Plater-Syberg.

Estudou Dereito en San Petersburgo, e posteriormente Teoloxía. O 2 de agosto de 1886 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Mahilioŭ. En 1893 foi nomeado preboste de deán de Curlandia, con sé en Liepāja. Alí comezou coa construción da actual catedral de San Xosé de Liepāja.

O 9 de xuño de 1902 foi nomeado bispo de Tiraspol, con sé en Saratov. Recibiu a consagración episcopal o 16 de novembro de 1902 de mans do metropolitano de Mahilioŭ Bolesław Hieronim Kłopotowski.

O 9 de novembro de 1903 foi nomeado bispo de Vilnius.

O 25 de xullo de 1917 foi nomeado arcebispo metropolitano de Mahilioŭ. Finou no cargo o 25 de xullo de 1939.

Notas


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Wincenty Kluczyński
 Arcebispo metropolitano de Mahilioŭ 
1917 - 1939
Sucesor:
Jan Cieplak (administrador apostólico)