Saltar ao contido

Manuel Blanco Romasanta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 39: Liña 39:
* O libro de [[Alfredo Conde]] ''Romasanta. Memoria incerta do home-lobo'' (2004).
* O libro de [[Alfredo Conde]] ''Romasanta. Memoria incerta do home-lobo'' (2004).
*O fotolibro de [[Laia Abril]] ''Lobismuller'' (2017)<ref>[http://cultura.elpais.com/cultura/2017/03/29/babelia/1490799748_942644.html "Lobismuller, licántropo hermafrodita"], artigo de Gloria Crespo MacLennan en ''[[El País]]'', 2 de abril de 2017 {{es}}.</ref>.
*O fotolibro de [[Laia Abril]] ''Lobismuller'' (2017)<ref>[http://cultura.elpais.com/cultura/2017/03/29/babelia/1490799748_942644.html "Lobismuller, licántropo hermafrodita"], artigo de Gloria Crespo MacLennan en ''[[El País]]'', 2 de abril de 2017 {{es}}.</ref>.
* Emma Pedreira, ''Besta do seu sangue'' (Xerais), 2018.


=== No cine ===
=== No cine ===

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2018 ás 13:26

Infotaula de personaManuel Blanco Romasanta

Retrato de Manuel Blanco Romasanta, O Lobishome de Allariz, que deu orixe á lenda do Home do saco ou sacaúntos.
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1809
O Regueiro, Esgos, Galicia Galicia
Morte14 de decembro de 1863 (53 anos)
Ceuta
Datos persoais
Outros nomesSacamantecas
Hombre Lobo de Allariz
Antonio Gómez
El Hombre Lobo Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura140 cm Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXastre, vendedor ambulante
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porasasinato Editar o valor en Wikidata

BNE: XX858754

Manuel Blanco Romasanta, nado no Regueiro (Santa Olaia de Esgos, Esgos) o 18 de novembro de 1809, e falecido en Ceuta o 14 de decembro de 1863[1], foi o primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume de o lobishome de Allariz, ou o sacaúntos. En 1853, Romasanta admitiu ter cometido trece asasinatos, mais argüíu non ter responsabilidade por mor da maldición que o convertía nun lobo. Malia que a súa defensa foi rexeitada no xuízo, a Raíña Isabel II conmutou a sentenza de morte para permitir ós doutores investigalo como un exemplo de licantropía clínica.

Traxectoria

Era o sétimo fillo da familia. Aínda que chamado Manuel, a partida de nacemento consignou o nome "Manuela" xa que se pensou que era unha nena. Foi criado como unha nena ata os seis anos de idade, cando un doutor descubriu o seu verdadeiro sexo. Debido a que era quen de ler e escribir, moi raro na época, crese que pertencía a unha familia relativamente adiñeirada. Era xastre de profesión, e segundo diversas contas, era baixo de estatura, medindo entre 1,37 m e 1,49 m. A súa vida cambiou radicalmente cando quedou viúvo en 1833, e a partir dese intre, Romasanta dedicouse á venda ambulante, primeiro pola comarca de Allariz - Maceda e máis tarde por toda Galicia. Romasanta tamén era coñecido por actuar de guía de viaxeiros cruzando as montañas cara Castela, Asturias e Cantabria, o cal lle ofrecía oportunidades para comerciar.[2][3]

Comezou a estenderse o rumor de que vendía unto de graxa humana e que, polo tanto, era un criminal. Foi acusado do asasinato dun alguacil. Xulgado e condenado, conseguiu fuxir, e estivo agochado durante meses. Nese tempo fóronse sucedendo en Galicia unha serie de asasinatos que, aínda que diferentes na técnica, gardaban semellanzas entre si.

Foi capturado en setembro de 1852 en Nombela (Toledo) e xulgado en Allariz. Durante o xuízo recoñeceu que matara nove persoas. Ao parecer, empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas, e comía os restos[Cómpre referencia]. De feito, a tipoloxía das feridas infrinxidas ás vítimas (trabadas con fondas marcas dos cairos) fixo que o consideraran un lobishome. El mesmo confesou que fora vítima dunha maldición cando era mozo e que tiña alucinacións nas que se vía arrodeado de lobos logo dos seus asasinatos.

O xuízo contra o lobishome durou aproximadamente un ano, e o 6 de abril de 1853 o xuíz de Allariz emitiu unha sentenza de morte que o condenaba a garrote e a unha indemnización de 1.000 reais por vítima. Ao pouco de asinarse a sentenza un hipnólogo francés[Cómpre referencia] que coñecía o caso pediulle ao ministro de Graza e Xustiza que adiase a aplicación da pena e que lle permitise tratar o caso. O hipnólogo argumentaba que Manuel Blanco padecía unha enfermidade mental monomaníaca chamada licantropía, e quería estudalo. En paralelo, os avogados da defensa conseguiron que a raíña Sabela II lle conmutase a pena por cadea perpetua alegando que non existían máis probas cá súa propia confesión.

Manuel Blanco morreu ao pouco tempo no cárcere de Ceuta por mor dun cancro de estómago.

Vítimas

Lista das vítimas coñecidas.[3]

  • Manuela Garcia, de 47, e a súa filla Petra, de 15, asasinadas na Serra de San Mamede mentres viaxaban cara a Santander.
  • Benita Garcia Blanco, de 34, e o seu fillo Francisco, de 10, asasinados en Corgo de Boi.
  • Antonia land, de 37, e a súa filla Peregrina, asasinadas viaxando cara a Ourense.
  • Josefa Garcia e o seu fillo Jose Pazos, de 21.
  • María Dolores, de 12 anos.

Na cultura

A historia do lobishome de Allariz e o mito do sacaúntos estendeuse rapidamente por Galicia sobre lendas e historias anteriores, e chegou aos nosos días. Ademais, existen varios filmes e libros que recollen a súa historia.

Na literatura

  • O libro de Alfredo Conde Romasanta. Memoria incerta do home-lobo (2004).
  • O fotolibro de Laia Abril Lobismuller (2017)[4].
  • Emma Pedreira, Besta do seu sangue (Xerais), 2018.

No cine

Notas

  1. "El último aullido del hombre lobo", artigo de Pablo Taboada en El País, 3 de novembro de 2011 (en castelán).
  2. David Lorda Gerardo Menéndez el hombre-lobo de Allariz (Ourense), 1853: una visión desde la psiquiatría actual
  3. 3,0 3,1 O sacaúntos Galería de información
  4. "Lobismuller, licántropo hermafrodita", artigo de Gloria Crespo MacLennan en El País, 2 de abril de 2017 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas