Saltar ao contido

Rexión de Odesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:
A rexión inclúe a parte sur do territorio histórico da [[Besarabia]], chamado ''Budzhak'', que pertenceu historicamente ao [[Principado de Moldavia]] e que foi anexionado en [[1812]] polo [[Imperio Ruso]].
A rexión inclúe a parte sur do territorio histórico da [[Besarabia]], chamado ''Budzhak'', que pertenceu historicamente ao [[Principado de Moldavia]] e que foi anexionado en [[1812]] polo [[Imperio Ruso]].


Nestas terras viviron [[escitas]], [[sármatas]], [[Imperio romano|romanos]], [[godos]], [[rus de Kiev]], [[hunos]], [[Mongolia|mongois]], [[tártaros]], gagaúzos, [[Turquía|turcos]] etc. Os [[pobos túrquicos]], como os tártaros, gagaúzos e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.
Nestas terras viviron [[escitas]], [[sármatas]], [[Imperio romano|romanos]], [[godos]], [[rus de Kiev]], [[hunos]], [[Mongolia|mongois]], [[pobo tártaro|tártaros]], gagaúzos, [[Turquía|turcos]] etc. Os [[pobos túrquicos]], como os tártaros, gagaúzos e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.


A rexión uniuse ao [[Reino de Romanía]] en [[1918]] e foi novamente ocupada pola [[Unión Soviética]] en [[1940]] en virtude do [[pacto Ribbentrop-Molotov]].
A rexión uniuse ao [[Reino de Romanía]] en [[1918]] e foi novamente ocupada pola [[Unión Soviética]] en [[1940]] en virtude do [[pacto Ribbentrop-Molotov]].

Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2017 ás 11:30

Situación da rexión de Odesa en Ucraína.

A rexión de Odesa (en ucraíno Одеська область, "Odeska oblast"; nome informal: Одещина, "Odeshyna") é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Odesa.

Ten unha superficie de 33.000 km², abarcando o 5,5% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 2.395.358 habitantes, cerca do 5% da poboación do país.[Cómpre referencia]

Os principais ríos que a atravesan son o Danubio e o Dniéster.

Divisións administrativas

Distritos da rexión.

A rexión de Odesa está dividida en 26 distritos (s. район, "raion", pl. райони, raiony, subdivisión administrativa similar ás comarcas galegas[Cómpre referencia]) e 7 cidades que non dependen de ningún distrito, senón directamente da rexión.

Estas últimas son as cidades de:

Composición da poboación

Demograficamente a rexión é considerada un enclave multiétnico:[1]

Historia

A rexión inclúe a parte sur do territorio histórico da Besarabia, chamado Budzhak, que pertenceu historicamente ao Principado de Moldavia e que foi anexionado en 1812 polo Imperio Ruso.

Nestas terras viviron escitas, sármatas, romanos, godos, rus de Kiev, hunos, mongois, tártaros, gagaúzos, turcos etc. Os pobos túrquicos, como os tártaros, gagaúzos e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.

A rexión uniuse ao Reino de Romanía en 1918 e foi novamente ocupada pola Unión Soviética en 1940 en virtude do pacto Ribbentrop-Molotov.

Actualmente esta rexión do oeste de Ucraína declaraou a súa independencia, promovida polos prorrusos, para adherirse despois á Federación Rusa, como o fixo a República Autónoma de Crimea.

Galería

Notas

  1. Censo do 2001.
  2. Pequemo grupo étnico que vive principalmente no sur de Moldavia (Gagauzia), suroeste de Ucraína (Budjak) e no noreste de Bulgaria (Dobruxa). A diferenza doutros pobos túrquicos, os gagaúzos son na súa maioría cristiános ortodoxos.