Polo Norte: Diferenzas entre revisións
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata |
|||
Liña 17: | Liña 17: | ||
O [[compás (navegación)|compás]] non apunta exactamente ao polo norte xeográfico, senón cara ao [[polo sur magnético]] (que, para evitar confusións, denomínase [[polo norte magnético]]), e non exactamente, debido á [[declinación magnética]]. |
O [[compás (navegación)|compás]] non apunta exactamente ao polo norte xeográfico, senón cara ao [[polo sur magnético]] (que, para evitar confusións, denomínase [[polo norte magnético]]), e non exactamente, debido á [[declinación magnética]]. |
||
A profundidade do mar no polo norte fora determinada en [[1958]] polo submarino estadounidense ''USS Nautilus'', dando como resultado 4.087 m. Pero o [[2 de agosto]] de [[2007]] dous [[batiscafo]]s [[Rusia|rusos]] ''[[Mir (batiscafos)|Mir]]'' realizaron unha inmersión no Océano Glacial Ártico, no polo norte, e instalaron no fondo unha [[Bandeira de Rusia|bandeira rusa]], así como |
A profundidade do mar no polo norte fora determinada en [[1958]] polo submarino estadounidense ''USS Nautilus'', dando como resultado 4.087 m. Pero o [[2 de agosto]] de [[2007]] dous [[batiscafo]]s [[Rusia|rusos]] ''[[Mir (batiscafos)|Mir]]'' realizaron unha inmersión no Océano Glacial Ártico, no polo norte, e instalaron no fondo unha [[Bandeira de Rusia|bandeira rusa]], así como unha cápsula cunha mensaxe para as xeracións vindeiras, a 4.261 m de profundidade.<ref>''Le Monde'', 9 de agosto de 2007, [http://www.lemonde.fr/web/depeches/0,14-0,39-31999205@7-37,0.html "Un submersible russe plante un drapeau sous le pôle Nord"] {{fr}}</ref>. |
||
A terra máis próxima é a illa [[Kaffeklubben]], fronte á costa norte de [[Groenlandia]], a uns 700 km de distancia, aínda que algúns bancos de area, quizais non permanentes, encóntranse lixeiramente máis preto. O lugar habitado permanentemente máis próximo ao polo é a vila de [[Alert]], na rexión de [[Qikiqtaaluk]], [[Nunavut]], [[Canadá]], que está situada a 817 km do polo. |
A terra máis próxima é a illa [[Kaffeklubben]], fronte á costa norte de [[Groenlandia]], a uns 700 km de distancia, aínda que algúns bancos de area, quizais non permanentes, encóntranse lixeiramente máis preto. O lugar habitado permanentemente máis próximo ao polo é a vila de [[Alert]], na rexión de [[Qikiqtaaluk]], [[Nunavut]], [[Canadá]], que está situada a 817 km do polo. |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2015 ás 21:00
O polo Norte, tamén chamado polo norte xeográfico e polo norte terrestre, é o lugar onde se localiza o extremo norte da Terra; é o lugar onde o eixe de rotación do planeta corta á superficie. O lugar oposto é o polo sur.
Todos os corpos celestes teñen un polo norte e outro sur.
Os eixes de rotación destes corpos non adoitan ser coincidentes co eixe de translación. Así, os da Terra, forman un ángulo de 23,5º, e os de Urano, 97º.
Situación
O polo norte xeográfico terrestre está situado no Océano Glacial Ártico, no que o mar está cuberto por un casquete de xeo ou banquisa. En 1895, o explorador noruegués Fridtjof Nansen (1861 – 1930) acercouse até os 3º e 46' do polo norte xeográfico, pero non foi quen de chegar a el[1][2]. O primeiro en conseguilo, segundo a fama, foi Robert Peary (1856 – 1920), xunto co seu criado Matthew Henson[3] [4] e catro esquimós, o 6 de abril de 1909.
O compás non apunta exactamente ao polo norte xeográfico, senón cara ao polo sur magnético (que, para evitar confusións, denomínase polo norte magnético), e non exactamente, debido á declinación magnética.
A profundidade do mar no polo norte fora determinada en 1958 polo submarino estadounidense USS Nautilus, dando como resultado 4.087 m. Pero o 2 de agosto de 2007 dous batiscafos rusos Mir realizaron unha inmersión no Océano Glacial Ártico, no polo norte, e instalaron no fondo unha bandeira rusa, así como unha cápsula cunha mensaxe para as xeracións vindeiras, a 4.261 m de profundidade.[5].
A terra máis próxima é a illa Kaffeklubben, fronte á costa norte de Groenlandia, a uns 700 km de distancia, aínda que algúns bancos de area, quizais non permanentes, encóntranse lixeiramente máis preto. O lugar habitado permanentemente máis próximo ao polo é a vila de Alert, na rexión de Qikiqtaaluk, Nunavut, Canadá, que está situada a 817 km do polo.
Galería de imaxes das exploracións
-
Fridtjof Nansen
-
Robert Peary en 1909
-
Matthew Henson en 1910
-
Batiscafo MIR, 2007
Notas
- ↑ Nansen, Fridtjof (1897): Farthest North, Volumes I and II. London: Archibald Constable & Co. ISBN 978-1-60239-237-3, Vol. I, páxs. 14–38. Tamén dispoñíbel en Project Gutenberg
- ↑ Fleming, Fergus (2002): Ninety Degrees North. London: Granta Publications. ISBN 1-86207-535-2, páxs. 239–240.
- ↑ Mattew Henson (1866 – 1955) foi un explorador estadounidense que pode que fora o primeiro home en chegar ao Polo Norte, con Peary, en 1909. Porén algúns estiman que o grupo de Parcy se perdeu no polo e chegaron a uns 30 km do seu obxectivo. Por outra parte, debido a que Henson era negro e o seu status de empregado de Peary, nunca alcanzou a fama deste en Norteamérica, onde o racismo aínda era común naquela época. En 1921 publicou un libro sobre a súa expedición ártica (A Negro Explorer at the North Pole). Só o 6 de abril de 1988, no 79º aniversario, os restos de Henson foron levados ao Cemiterio Nacional de Arlington, e depositados preto do monumento a Peary.
- ↑ The Frederick A. Cook Society: "The Tragedy of America's Exploited Black Pioneer Polar Explorer Matthew Henson" (en inglés)
- ↑ Le Monde, 9 de agosto de 2007, "Un submersible russe plante un drapeau sous le pôle Nord" (en francés)
Véxase tamén
Bibliografía
- Frederick, Albert; Cook, Robert E. e Peary, George W. Melville (2003): Finding the North Pole. The Lyons press. ISBN 1-59228-072-2
- Pal, Christopher (2002): The Oddest Place on Earth: Rediscovering the North Pole. Writer's Showcase. ISBN 0-595-21454-1
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polo Norte |