Saltar ao contido

Masai Mara: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
Ocupa unha superficie de 1.510 km² na zona do [[Gran Val do Rift]], algo menos dos 1.672 km² que tiña en [[1984]].<ref>[http://www.masaimara.org/ Masai Mara National Reserve] en Kenya Safaris.</ref>
Ocupa unha superficie de 1.510 km² na zona do [[Gran Val do Rift]], algo menos dos 1.672 km² que tiña en [[1984]].<ref>[http://www.masaimara.org/ Masai Mara National Reserve] en Kenya Safaris.</ref>


Comprende tres seccións:<ref>{{cita web |url=http://www.maasaimara.com/ecosystem_show.asp?sec_id=17 |título=MaasaiMara |fechaacceso=8 de marzo de 2010 |autor=The Mara Online |fecha= |editorial=The Mara Online |idioma=inglés |cita= }}</ref>
Comprende tres seccións:<ref>{{cita web |url=http://www.maasaimara.com/ecosystem_show.asp?sec_id=17 |título=MaasaiMara |data-acceso=8 de marzo de 2010 |autor=The Mara Online |fecha= |editorial=The Mara Online |idioma=inglés |cita= }}</ref>
* Triángulo de Mara,<ref>[http://maratriangle.org/ Mara Triangle].</ref>
* Triángulo de Mara,<ref>[http://maratriangle.org/ Mara Triangle].</ref>
* Musiara (onde está o pantano de Musiara), e
* Musiara (onde está o pantano de Musiara), e
Liña 37: Liña 37:


== Notas ==
== Notas ==
{{listaref|2}}
{{listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2015 ás 13:49


Rabaño de gacelas na chaira de Masai Mara.
Leóns en Masai Mara

Masai Mara (en inglés Maasai Mara National Reserve é unha reserva )natural nacional situada ao suroeste de Kenya na rexión do Serengueti, que é, en realidade, unha continuación do Parque Nacional de Serengueti.

O seu nome débese e que a tribo dos masai habitan en dita zona, e polo río Mara que o cruza. É famoso pola sá fauna excepcional.

O parque Masai Mara non é o maior de Kenya, pero probabelmente é o máis famoso. Está situado no enorme Gran Val do Rift, que vai desde o mar Mediterráneo até a África do Sur. O terreo da reserva está principalmente cuberto por pasteiros, con bosques de acacias na parte sueste. Na fronteira occidental encóntranse os escarpes Esoit Oloololo, onde a vida salvaxe está máis concentrada, xa que o terreo pantanoso significa abundancia de auga e a interferencia causada polo turismo é mínima. A fronteira máis oriental queda a 224 km de Nairobi, polo que a rexión oriental é a máis visitada polos turistas que fan safaris fotográficos.

Características

Ocupa unha superficie de 1.510 km² na zona do Gran Val do Rift, algo menos dos 1.672 km² que tiña en 1984.[1]

Comprende tres seccións:[2]

  • Triángulo de Mara,[3]
  • Musiara (onde está o pantano de Musiara), e
  • Sekenani.

A maior parte do territorio é unha sabana salpicada polas distintivas acacias. A fauna tende a concentrarse na zona occidental do val, xa que o acceso á auga é máis fácil.

Fauna

Vista aérea do río Mara que cruza o parque nacional.
A gran migración de ñus e cebras.

O Masái Mara é famoso pola súa poboación de leóns e por ser o fogar de especies ameazadas tales como o rinoceronte negro, o hipopótamo (que se encontra nos ríos Mara e Talek), e o guepardo Outro carnívoro que se pode encontrar en gran número é a hiena pinta.

Porén, o máis famoso poboador deste parque é o ñu, como ocorre no Serengueti, xa que se estima que o número de individuos alcanza case os medio millón. Todos os anos, no mes de xullo, estes animais, igual que as cebras (case duascentas mil), migran desde as planicies do Serengueti en busca de pastos máis frescos e regresan en outubro.[4]

Outras especies de ungulados viven neste parque, como a gacela de Thomson e a gacela de Grant ou o impala, encontrándose igualmente mandas de xirafas.

O Masai Mara é tamén o fogar de máis de 450 especies de aves.

O parque está administrado polo goberno de Kenya, que administra os recursos derivados do que pagan os turistas por entrar na reserva. O goberno conta con unidades policiais contra a caza furtiva (a caza de especies salvaxes está prohibida no país.

Os principais habitantes desta comarca son os membros da comunidade masai, un pobo ancestral que mantivo os seus costumes e tradicións en plena sabana africana.

Notas

  1. Masai Mara National Reserve en Kenya Safaris.
  2. The Mara Online. "MaasaiMara" (en inglés). The Mara Online. Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  3. Mara Triangle.
  4. Rodríguez de la Fuente, F. (1970), p. 55.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas