Saltar ao contido

Muíños: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 110: Liña 110:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
{{commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Chega de Bois]]

=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.concellomuinos.com/ Web do concello]
*[http://www.concellomuinos.com/ Web do concello]

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2014 ás 09:18

Muíños
Escudo de Muíños
Casa consistorial
Situación
Xentilicio[1]muiñense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.779 hab. (2012)[2][3]
Área109,7 km²[3]
Densidade16,22 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldePlácido Álvarez Dobaño (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Muíños
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,93%
Na rede
www.concellomuinos.com
editar datos en Wikidata ]

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o padrón municipal, en 2012 tiña 1.779 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Evolución da poboación de Muíños   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.579 4.436 4.341 4.291 1.985 1.821 1.782 1.779
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 109 km², abrengue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños [6].

Censo Total 1.821
Menores de 15 anos 111 (6,09 %)
Entre 15 e 64 anos 962 (52,83 %)
Maiores de 65 anos 748 (41,07 %)

Turismo

Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.

A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.

Patrimonio

O inventario do patrimonio histórico e artístico do concello aparece indicado no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991[7].

  • Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
  • Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
    • Anta Casiña da Moura
    • Anta Casota do Foxo

Castros:

  • Castro de Taboadela (Barxés)
  • Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
  • Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
  • Castro de Santa María do Castro (Guntumil)

A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muíños.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Muíños

Barxés (Santa María) | Cados (Santa María) | Couso de Salas (Santiago) | Farnadeiros (San Pedro) | As Maus de Salas (Santa Baia) | Muíños (San Pedro) | Parada de Ventosa (San Pedro) | Porqueirós (Santo André) | Prado de Limia (San Salvador) | Requiás (Santiago) | Souto de Limia (Santa María) | Xermeade (San Miguel)

Lugares de Muíños

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2024) "Muíños".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Decreto 316/1997, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Muíños a Mugueimes (DOG nº 221, 14.11.1997). No decreto explican que a casa consistorial xa estaba situada neste lugar, "desde hai moitos anos", pero sen especificar data.
  7. Concello de Muíños (ed.). "Arqueoloxía". Consultado o 18 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.