Saltar ao contido

Illa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cv:Утрав
m bot Engadido: sg:Zûa
Liña 108: Liña 108:
[[scn:Ìsula]]
[[scn:Ìsula]]
[[sco:Island]]
[[sco:Island]]
[[sg:Zûa]]
[[sh:Ostrvo]]
[[sh:Ostrvo]]
[[simple:Island]]
[[simple:Island]]

Revisión como estaba o 1 de abril de 2010 ás 08:07

Cíes.

Unha illa ou insua é unha extensión de terra rodeada de auga por todas partes, tanto sexa nun mar, nun lago ou mesmo nun río.

Características

Tanto illa como insua proceden do latín insula, orixe tamén do adxectivo correspondente: insular. Un grupo de illas máis ou menos próximas constitúen un arquipélago. A noción de illa é ás veces difícil de concretar. Por exemplo, un continente non deixa de ser unha illa enorme, e así atopamos o caso de Australia que segundo como se mire é unha illa ou un continente (o máis pequeno dos continentes, a maior das illas...).

Tendo en conta o antes dito sobre Australia, considérase que a illa máis grande da Terra é Grenlandia, situada no Océano Atlántico Norte xunto ó Canadá e dependente politicamente de Dinamarca.