Masai Mara: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Parques nacionais de Kenya mediante HotCat |
m elimino a Categoría:Areas protexidas establecidas en 1974; engado a Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1974 mediante HotCat |
||
(Non se amosan 2 revisións do historial feitas polo mesmo usuario) | |||
Liña 56: | Liña 56: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Parques nacionais]] |
|||
[[Categoría:Xeografía de Kenya]] |
[[Categoría:Xeografía de Kenya]] |
||
[[Categoría:Parques nacionais de Kenya]] |
[[Categoría:Parques nacionais de Kenya]] |
||
[[Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1974]] |
Revisión como estaba o 3 de maio de 2021 ás 13:45
Masai Mara (en inglés Maasai Mara National Reserve) é unha reserva natural nacional situada ao suroeste de Kenya na rexión do Serengueti, que é, en realidade, unha continuación do Parque Nacional de Serengueti.
O seu nome débese e que a tribo dos masais habitan en dita zona, e polo río Mara que o cruza. É famoso pola súa fauna excepcional.
O parque Masai Mara non é o maior de Kenya, pero probabelmente é o máis famoso. Está situado no enorme Gran Val do Rift, que vai desde o mar Mediterráneo até Suráfrica. O terreo da reserva está principalmente cuberto por pasteiros, con bosques de acacias na parte sueste. Na fronteira occidental encóntranse os escarpes Esoit Oloololo, onde a vida salvaxe está máis concentrada, xa que o terreo pantanoso significa abundancia de auga e a interferencia causada polo turismo é mínima. A fronteira máis oriental queda a 224 km de Nairobi, polo que a rexión oriental é a máis visitada polos turistas que fan safaris fotográficos.
Características
Ocupa unha superficie de 1.510 km² na zona do Gran Val do Rift, algo menos dos 1.672 km² que tiña en 1984.[1]
Comprende tres seccións:[2]
- Triángulo de Mara,[3]
- Musiara (onde está o pantano de Musiara), e
- Sekenani.
A maior parte do territorio é unha sabana salpicada polas distintivas acacias. A fauna tende a concentrarse na zona occidental do val, xa que o acceso á auga é máis fácil.
Fauna
O Masai Mara é famoso pola súa poboación de leóns e por ser o fogar de especies ameazadas tales como o rinoceronte negro, o hipopótamo (que se encontra nos ríos Mara e Talek), e o guepardo Outro carnívoro que se pode encontrar en gran número é a hiena pinta.
Porén, o máis famoso poboador deste parque é o ñu, como ocorre no Serengueti, xa que se estima que o número de individuos alcanza case os medio millón. Todos os anos, no mes de xullo, estes animais, igual que as cebras (case duascentas mil), migran desde as planicies do Serengueti en busca de pastos máis frescos e regresan en outubro.[4]
Outras especies de ungulados viven neste parque, como a gacela de Thomson e a gacela de Grant ou o impala, encontrándose igualmente mandas de xirafas.
O Masai Mara é tamén o fogar de máis de 450 especies de aves.
O parque está administrado polo goberno de Kenya, que administra os recursos derivados do que pagan os turistas por entrar na reserva. O goberno conta con unidades policiais contra a caza furtiva (a caza de especies salvaxes está prohibida no país.
Os principais habitantes desta comarca son os membros da comunidade masai, un pobo ancestral que mantivo os seus costumes e tradicións en plena sabana africana.
Notas
- ↑ Masai Mara National Reserve en Kenya Safaris.
- ↑ The Mara Online. "MaasaiMara" (en inglés). The Mara Online. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2010. Consultado o 8 de marzo de 2010.
- ↑ Mara Triangle.
- ↑ Rodríguez de la Fuente, F. 1970, p. 55.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masai Mara |
Bibliografía
- Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–123.
- Walpole, M. J.; Karanja, G. G,; Sitati, N. W. & Leader-Williams, N. (2003): "Wildlife and People: Conflict and Conservation in Masai Mara, Kenya". Wildlife and Development Series, 14. Londres: International Institute for Environment and Development. ISBN 1-84369-416-6.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Maasai Mara National Reserve Arquivado 18 de setembro de 2012 en Wayback Machine. páxina web oficial (en inglés)
- Mara Triangle páxina web oficial (en inglés)
- Maasai Mara páxina web oficial do Ministerio de Turismo de Kanya (en inglés)
- La grande migration des gnous en Safari Tanzanie (en francés).