Cociña/Polbo á feira
Aparencia
< Cociña
(Redirección desde «Polbo á feira»)O polbo á feira é unha preparación culinaria típica de Galiza e consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. Este prato era unha comida tradicional nas feiras e romarías ─de aí o seu nome─, servido en pratos de madeira.
Ingredientes
[editar]- 1 polbo de 1 quilogramo. Mellor conxelado.
- Pemento picante ou pemento doce (ou ambos).
- Aceite.
- Sal groso.
Preparación
[editar]- Se o polbo non estaba conxelado, mazalo. Isto evitará que quede duro.
- Unha vez desconxelado ou mazado, poñer a ferver auga abundante. Cando estea a ferver, coller o polbo pola cabeza e mergullalo varias veces na auga (metelo e sacalo). Isto evitará que solte a pel.
- Deixar a cocer entre 40 e 50 minutos, dependendo do tamaño do animal.
- Unha vez cocido, escorrelo e cortalo cunhas tesoiras.
- Servir nun prato de madeira ─método tradicional─ ou calquera outro recipiente.
- Aliñar como se guste co sal groso, o aceite e mailo pemento.