Xosé Manuel Suárez Martínez
Xosé Manuel Suárez Martínez, nado en Cedeira en 1958, é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (66/67 anos) Cedeira, España |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Traxectoria
editarFuncionario do corpo de mestres (desde 1983), desempeñou varios destinos nas provincias da Coruña e Lugo. Licenciado en Xeografía e Historia (1992) obtivo o grao de Doutor nesa materia coa tese Alzamiento y represión en la comarca de Ferrol. 1936-1939, presentada na Facultade de Xeografía e Historia da UNED (Madrid, decembro de 2000).
Desde hai uns anos compaxina o seu traballo docente coa investigación da historia contemporánea de Galicia, especializándose no período da Segunda República Española e da guerra civil. Nos seus dous libros anteriores xa tratou os acontecementos desta etapa na bisbarra ferrolá.
Obra
editar- O alzamento de 1936 no norte da Coruña, Ediciós do Castro, 1993 (1ª ed.), 1995 (2ªed. ampliada).
- Guerra Civil e represión en Ferrol e ComarcaArquivado 30 de marzo de 2007 en Wayback Machine.. Concello de Ferrol-Ed. Galaxia, 2002.
- Armas para a República, Edicións Embora, 2006.
Ten participado con relatorios ou comunicacións nos Congresos:
- II Congreso Internacional A Historia a Debate, Santiago de Compostela. 1999.
- Congreso Internacional de Maia (Portugal) de História Regional e Local. 1999.
- Los campos de concentración y el mundo penitenciario en España durante la guerra civil y el franquismo, Museu d´Història de Catalunya, Barcelona. 2002.
- I Congreso da Memoria A represión franquista en Galicia. Narón, 2003.
- II Congreso da Memoria, A II República e a Guerra Civil en Galicia, Culleredo, 2005.