Xogos Olímpicos de 2000
Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.
Nome oficial | Spiller vun der XXVII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Lema | Share the Spirit |
Mascota | Olly, Syd e Millie (pt) |
Composto por | Badminton nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000 Remo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000 Tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000 + ../... 36 |
Número de participantes | 199 10.651 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 300 |
Localización | Sydney (Nova Gales do Sur) 33°52′04″S 151°12′36″L / -33.8678, 151.21 |
País | Australia |
Intervalo de tempo | 15 de setembro de 2000 – 1 de outubro de 2000 |
Número de edición | 27 (2000) |
Aberto oficialmente por | William Deane (pt) |
Xuramento feito por | Rechelle Hawkes Peter Kerr (pt) |
Facho acendido por | Cathy Freeman |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.
Proceso de candidatura
editarAdemais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Pequín (China), Berlín (Alemaña), Istambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era Pequín.
Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
101º Sesión do Comité Olímpico Internacional 23 de setembro de 1993, Monte Carlo, Mónaco | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
Sidney | Australia | 30 | 30 | 37 | 45 | |
Pequín | China | 32 | 37 | 40 | 43 | |
Manchester | Reino Unido | 11 | 13 | 11 | - | |
Berlín | Alemaña | 9 | 9 | - | - | |
Istambul | Turquía | 7 | - | - | - |
Cerimonia de Apertura
editarO facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman, nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos. Esta mesma atleta gañaría despois a medalla de ouro nos 400 metros lisos.
As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.
Catro atletas de Timor Leste, recentemente independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).
Atletas destacados
editarIan Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.
Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.
O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participación do país en 1952.
O sistema de selección de deportistas olímpicos en cada país tamén deu lugar a situacións rechamantes, como a de Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial. Tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos deportistas destacados da competición.
Modalidades disputadas
editarNestes Xogos, o tríatlon e o taekwondo fixeron a súa estrea olímpica.
Cadro de medallas
editarCadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 40 | 24 | 33 | 97 |
2 | Rusia | 32 | 28 | 28 | 88 |
3 | China | 28 | 16 | 15 | 59 |
4 | Australia | 16 | 25 | 17 | 58 |
5 | Alemaña | 13 | 17 | 26 | 56 |
6 | Francia | 13 | 14 | 11 | 38 |
7 | Italia | 13 | 8 | 13 | 34 |
8 | Países Baixos | 12 | 9 | 4 | 25 |
9 | Cuba | 11 | 11 | 7 | 29 |
10 | Reino Unido | 11 | 10 | 7 | 28 |
11 | Romanía | 11 | 6 | 9 | 26 |
12 | Corea do Sur | 8 | 10 | 10 | 28 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 2000 |