Xerpa
ser da mitoloxía galega
Na mitoloxía galega, as xerpas son uns seres mitolóxicos femininos, co medio corpo interior en figura de serpe. Lembran o caso das sereas (con medio corpo de peixe) ou das lamias ou lumias (medio corpo de dragón).
As xerpas esperan nas beiras dos ríos a que se achegue algún mozo, para seducilo e afogalo no fondo dos pozos dos ríos onde viven.
Os lexicógrafos incluídos no Dicionario de dicionarios non recollen este termo con este significado, se ben Rivas Quintas recolle xerpa co significado xenérico de serpe.[1]
Notas
editar- ↑ Eligio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego (inédito ata a edición electrónica do DdD).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- CUBA, REIGOSA, MIRANDA; ilustracións de Enríquez, Lázaro (1999): Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-363-6.
- Eligio Rivas Quintas: Frampas III, no Dicionario de Dicionarios.